lunes, 14 de septiembre de 2026

Como recordo ler "El perro de los Baskerville" fr Arthur Conan Doyle

Recordo que quedara atascado nunha lectura destas que crees tes que facer pero que non acaba de atraparte. Foi o caso de "La peninsula de las casas vacias". Cando isto sucede alargas a renovacion na biblioteca para acabar entregando o libro fora de tempo e sin ler. Para retomar o ritmo de lectura decidin votar man da pequena biblioteca de miña nai, e collinlle prestado "El perro de los Baskerville" de Arthur Conan Doyle. Non lera nunca, creo recordar ningun libro de Sherlock Holmes e imaxinei que si algo tería e intriga, co cal a lectura sería rápida. A verdade e que foi decepcionante, tal vez porque as miñas expectativas serían elevadas. Esperaba unha trama complexa, con idas e voltas, e sorpresa no resultado final das investigascions. Agardaba un libro cheo de matices e con apuntes de coñecementos sobre diversos temas. Nada disto. Todo collido con pinzas e bastante plano, sen ningun apunte que me aportara algo. Lectura rapida e punto.

Como recordo...algun detalle da etapa de Formacion de David

jueves, 20 de agosto de 2026

Como recordo ... a reunion co coordinador do Celta.

Recordo que estabamos en etapa infantil e o ano non estaba sendo bo en liñas xerais. No era un tema so de resultados senón de evolucion e sensacions, o equipo estaba sumindo nun rendemento plano. Tomei a decision por primeira vez en anos de reunirme co coordinador, con duas intencions, transmitirlle que estabamos pendente do proceso e comprobar de primeira man como estaban traballando de con que intencion. Levaba anotadas duas preguntas. ¿cal era a planificacion do equipo en canto a formacion ou asimilacion de conceptos? a resposta foi algo dispersa. Semella que estaba habendo un cambio, mudarase de aspectos colectivos o centrarse na evolucion individual de cada xogador. Recordo que a resposta non me resultou convincente, co cal aproveitando que o foco estaba no individuo, preguntei por ¿cales eran os obxectivos en canto formacion e aprendizaxe con David? despois de regalarme palabras bonitas e confianza, a conversacion centrouse no que podia dar e no que lle ian esixir, pero pouco en como o estaban facendo ou o ian facer... non sain convencido, ou si, realmente e para decepcion escoitei o que esperaba escoitar. Tocaba traballar con David de xeito individual, buscar a mellora e o apoio por fora, e no momento que o proceso se relantizase non quedaba outra que atopar outros camiños.

Como recordo... o 20 de maio de 2026

Recordo que a data fixose esperar. Ese dia foi cando Sergio acudiu o Concello de firmou o acceso o posto de Bombeiro como funcionario en prácticas. Iniciaba asi o proceso de formacion nas instalacions de Seganosa en Salvaterra. Xornadas de 9 horas que se iniciaban subindo o autobus no parque de bombeiros en Teis, recibindo formacion durante 9 horas e vota para Vigo. Un total de 60 dias.

jueves, 16 de julio de 2026

Como recordo .. a carta de Carlos Mouriño Presidente do Celta

Como recordo ler "La Delicadeza" de David Foenkinos

Recordo que as veces un libro levate a outro. Rematara de ler un libro do mesmo autor que me sorprendera pola sua maneira de escribir. "La delicadeza" amosabase como o seu titulo principal, co cal fun de seguido a collelo a Biblioteca Xose Neira Vilas de Vigo. Lino en pouco espazo de tempo. Fácil de ler, chama a atención polas pinceladas de orixinalidade a hora de contar a historia. Teño a sensacion que os escritores das ultimas xeracions xa estan moi influenciados polo cine ou o mellor estou trabucado e e o revés, porque digo isto.. as veces no e tanto a historia, os dialogos, as palabras, o que emociona, senon determinado efectos salpidados polo libro, datos salpicados dotados de orixinalidade os que te sorprende.. cando estaba rematando de ler o libro vin unha pelicula "La peor persona del mundo", realmente boa, que te zarandea, de como de complicada pode ser vivir con un mesmo cando es presa das dubidas, de incertezas, de dualidades que as veces arrastran os demais a padecerte.. esta pelicula, tamen e unha historia de varios capitulos, salpicada de detalles moi orixinais que a fan unica... asi ocurre en "La delicadeza". O autor neste libro como no anterior amosa unha profunda vida interior, vida, emocions, sentimentos.. so unha persoa con este saldo acumulado pode expresar en palabras certas emocions ou dubidas... outros documentanse en bibliotecas, fan obras perfectas pero sin atisbo de personalidade. David Foenkinos. Autor a seguir.

viernes, 22 de mayo de 2026

Como recordo ler.. "La biblioteca de los libros rechazados" de David Foenkinos

Recordo que a David mandaralle ler para o colexio "O que sei do silencio". Intentei reservalo no catalogo da biblioteca por internet, e como non estaba seguro de facelo ben, acudin a Biblioteca Neira Vilas para comprobalo. E casualidade, tiñano dispoñible e aproveitando a boas sorte, pedinlle a bibliotecaria que me recomendara un libro. Como non lle puxen moitos peros, foi directa a coller "La biblioteca de los libros rechazados". Foi un acerto, o libro e moi ameno. Parte dunha idea moi orixinal, un bibliotecario, tal vez, escritor frustrado, dalle cabida na sua biblioteca a borradores de libros, que foron rexeitados polos estandares de editoriais. Por aparente casualidade unha xoven parella dunha editora e un escritor o que se lle resiste o exito atopan un libro interesante. Pero o que o fai mais interesante e mais a forma que caseque o fondo. E dicir o feito de que o manuscrito este firmado por un pizzero xa falecido que non tiña relacion coas letras, crea un aurea de misterio que fai que as ventas de un bo libro se disparan ata convertirse nun acontecemento. A historia mantente en vilo, intrigado por coñecer a verdade, para chegar a un desenlace onde a moralexa e que camiñamos hacia unha sociedade onde o valor das cousas as veces non e a materia en si senon todo o envoltorio e a aurea que entre todos imos creando. David Foenkinos neste libro "La biblioteca de los libros rechazados", presentaseme como autor a ter en conta e animame a ler outro titulo del "La delicadeza".

Como recordo.. as dificultades da tempada 2025-26

Recordo que a tempada 2025-26 estaba sendo dura. Recordo que despois de chegar a un punto alxido, todo se foi complicando e David tardaba en vislumbrar o final do tunel. Recordo que a situacion era complicada pero de crecemento. De feito, neste etapa de premadurez escomenzou a experimentar a soedade durante as etapas de dubidas. Cando o fisico te abandona, as inseguridades no xogo fanse mais manifestas, a confianza en ti dos que che teñen que dar apoio escomenza a xirar cara a outros, vas perdendo protagonismos, intentas revelarte pero non consegues atopar o equilibrio. Recordo que nesta etapa David no era feliz no campo e disfrutaba menos do futbol. Pero en ningún momento deu mostras de baixar as mans e continuaba a buscar a mellora a través dos adestramentos co grupo ou individuais. Non quedaba outra mais que traballar en silencio, agardando recuperar o terreo perdido.

domingo, 3 de mayo de 2026

Como recordo a etapa Infaltil A de David

Recordo que se estaba facendo moi longa. David e o equipo estaba como un barco que esta en medio de unha cienaga. En canto o equipo, do escomenzou sendo un cambio de estilo de xogo mais directo, para pasar a ser un estilo sin identidade, caendo nun futbol sen patron e unha desmellora xeral, non sei se fruto da desmotivacion ou da confusion. Nese momento estabamos, nunha crise aparentemente de resultados pero penso de mois profundo calado, unha etapa de desaprendizaxe. Recordo que David, seguía cos problemas fisicos que o limitaban e semella que a unica mensaxe que recibia e porque non era capaz de facer minimo un sprint largo no partido ¿??.. estabamos entrando ou dentro de unha etapa de futbol mais fisico, de medir parametros de esforzo etc... non sei, dende unha posicion moi humilde trataba de aceptar o criterio dos que xestionaban estas cousas, pero en todo a de primar sempre o sentido común e unha planificacion. Ti tes que saber o potencial co que contas, ou o estado fisico puntual de un xogador, e as de pedirlle o que che pode dar en cada momento, e sempre orientado a que comprenda o futbol e o seu papel dentro do equipo, reforzando aqueles conceptos tacticos e tecnicos en cada etapa do seu crecemento e formacion, esta e a miña preocupacion, que non acabo de percibir que isto se este facendo. Recordo chegar un dia despois de partido, algo tristes, David polas doenzas e eu por velo doente, e poñernos a ver a pelicula "Roberto Baggio, la divina coleta", toda unha historia de atrancos inesperados e de superacion ante as adversidades.

martes, 21 de abril de 2026

Como recordo .. a etapa de David de dores polo crecemento (Enfermedad de Osgood-Schlatter)

Recordo que entre os 9 e 10 anos, tivera moita dor nos calcaños. Que si os tacos non eran adecuados, que si plantillas,que si falta de estiramentos ... varias visitas a distintos podologos, etc.. as dores duraron uns meses de maneira intensa, mermando a sua actividade, modificando o seu trote e co risco de xerar doencias en outras partes do corpo por cambios posturales o realizar exercicio. Recordo que como sucedera na anterior etapa, ningén advertiu desas doenzas nos tendons rotulianos. David, queixabase puntualmente, temeroso da tan habitual lesion de ligamentos. Eu dende algun tempo, notaba algo extraño no seu trote e no seu comportamento no campo. Voltouse un troton, apenas había cambios de ritmo no seu trote, non tiña o arranque e confianza para chegar veloz a situacions de ataque, os seus xiros eran mais torpes... algo non ia ben. Ata que a dor foi tan intensa que os xeonllos estaban inchados e as difucultades xa non se podian disimular. Recordo consultar distintas opinions e todas acababan na mesma conclusion, unha dor comun asociada o crecemento (Enfermedad de Osgood-Schlatter) que pode durar por tempo indeterminado, e ante a cal, so queda poñer xeo, facer alguns estiramentos, xestionar os esforzos e ter paciencia. Como xa sucedera na anterior etapa de dores o clube, como sempre, a rebufo.. tiven que ser eu, quen puxera atencion sobre este tema... non sei, non acabo de entender como corpos técnicos de 3-4 persoas, non teñen a suficiente sensibilidade de observar, falar e coñecer de primeira man as sensacions, e estado de cada un dos integrantes de unha plantilla que non supera os 20 membros. Recordo que esta etapa de dores coincidiu con pequenos estirons, co cal as doenzas musculares acentuaronse, asi como cambios nas defensas que o fixeron sensible a pequenas enfermedades... todo isto fixo un coctel negativo perfecto. Dores, falta de enerxia, menos velocidade, elasticidade, coordinacion... todo isto lastraba o seu xogo e baixaba o nivel de confianza. Recordo que esta seria unha premeira proba de madurez, pois estabamos as portas da adolescencia, viñamos de un pico de exito e agora tocaba convivir cunha perda de protagonismo e un futbol mais fisico. Tocaba esta cerca del, reforzar as suas virtudes, e con paciencia confiar no constancia do traballo sen variar os obxectivos.