martes, 21 de abril de 2026

Como recordo .. a etapa de David de dores polo crecemento (Enfermedad de Osgood-Schlatter)

Recordo que entre os 9 e 10 anos, tivera moita dor nos calcaños. Que si os tacos non eran adecuados, que si plantillas,que si falta de estiramentos ... varias visitas a distintos podologos, etc.. as dores duraron uns meses de maneira intensa, mermando a sua actividade, modificando o seu trote e co risco de xerar doencias en outras partes do corpo por cambios posturales o realizar exercicio. Recordo que como sucedera na anterior etapa, ningén advertiu desas doenzas nos tendons rotulianos. David, queixabase puntualmente, temeroso da tan habitual lesion de ligamentos. Eu dende algun tempo, notaba algo extraño no seu trote e no seu comportamento no campo. Voltouse un troton, apenas había cambios de ritmo no seu trote, non tiña o arranque e confianza para chegar veloz a situacions de ataque, os seus xiros eran mais torpes... algo non ia ben. Ata que a dor foi tan intensa que os xeonllos estaban inchados e as difucultades xa non se podian disimular. Recordo consultar distintas opinions e todas acababan na mesma conclusion, unha dor comun asociada o crecemento (Enfermedad de Osgood-Schlatter) que pode durar por tempo indeterminado, e ante a cal, so queda poñer xeo, facer alguns estiramentos, xestionar os esforzos e ter paciencia. Como xa sucedera na anterior etapa de dores o clube, como sempre, a rebufo.. tiven que ser eu, quen puxera atencion sobre este tema... non sei, non acabo de entender como corpos técnicos de 3-4 persoas, non teñen a suficiente sensibilidade de observar, falar e coñecer de primeira man as sensacions, e estado de cada un dos integrantes de unha plantilla que non supera os 20 membros. Recordo que esta etapa de dores coincidiu con pequenos estirons, co cal as doenzas musculares acentuaronse, asi como cambios nas defensas que o fixeron sensible a pequenas enfermedades... todo isto fixo un coctel negativo perfecto. Dores, falta de enerxia, menos velocidade, elasticidade, coordinacion... todo isto lastraba o seu xogo e baixaba o nivel de confianza. Recordo que esta seria unha premeira proba de madurez, pois estabamos as portas da adolescencia, viñamos de un pico de exito e agora tocaba convivir cunha perda de protagonismo e un futbol mais fisico. Tocaba esta cerca del, reforzar as suas virtudes, e con paciencia confiar no constancia do traballo sen variar os obxectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario