viernes, 22 de mayo de 2026

Como recordo ler.. "La biblioteca de los libros rechazados" de David Foenkinos

Recordo que a David mandaralle ler para o colexio "O que sei do silencio". Intentei reservalo no catalogo da biblioteca por internet, e como non estaba seguro de facelo ben, acudin a Biblioteca Neira Vilas para comprobalo. E casualidade, tiñano dispoñible e aproveitando a boas sorte, pedinlle a bibliotecaria que me recomendara un libro. Como non lle puxen moitos peros, foi directa a coller "La biblioteca de los libros rechazados". Foi un acerto, o libro e moi ameno. Parte dunha idea moi orixinal, un bibliotecario, tal vez, escritor frustrado, dalle cabida na sua biblioteca a borradores de libros, que foron rexeitados polos estandares de editoriais. Por aparente casualidade unha xoven parella dunha editora e un escritor o que se lle resiste o exito atopan un libro interesante. Pero o que o fai mais interesante e mais a forma que caseque o fondo. E dicir o feito de que o manuscrito este firmado por un pizzero xa falecido que non tiña relacion coas letras, crea un aurea de misterio que fai que as ventas de un bo libro se disparan ata convertirse nun acontecemento. A historia mantente en vilo, intrigado por coñecer a verdade, para chegar a un desenlace onde a moralexa e que camiñamos hacia unha sociedade onde o valor das cousas as veces non e a materia en si senon todo o envoltorio e a aurea que entre todos imos creando. David Foenkinos neste libro "La biblioteca de los libros rechazados", presentaseme como autor a ter en conta e animame a ler outro titulo del "La delicadeza".

No hay comentarios:

Publicar un comentario