domingo, 14 de diciembre de 2025
Como recordo.. voltar a Illa de Arousa
Recordo que nos primeiros anos da miña relacion con Isabel, a Illa de Arouso convertiuse no noso niño de amor. No Hotel Tamanaco pernoctamos varias noites de fin de semana, o cal nos permitia de dia disfrutar das suas praias e de noite ir de festa a Vilagarcia e Cambados. Moitos bonitos recordos. Co cal aproveitando que cumpriramos 22 anos de casados, que non iamos ir de vacacions este ano, e que estabamos libres de fillos, decidimos ir pasar a ponte da agosto a Illa. Reservamos duas noites no que agora era Complexo Hotelero Tamanaco (sen comentarios) e fomos con boa actitude a percorremos camiños que xa recorreramos. A Illa era ideal para facer camiñatas, pois e plana e ten rutas bonitas o caron do mar, salpicadas por pequena calas e chiringos de aire ibicenco. A primeira tarde, mais fresca que de costume, pasamola camiñando e descansando o sol. Pola noite fomos cear o Restaurante Trisquel, recomendado, nin fu nin fa, normal.. paseaomos pola illa, cun ambiente tranquilo e despois de tomar uns ricos xelados o caron do porto fomos descansar. O dia seguinte madrugamos para ir desainar nun local con vistas o porto, unhas tostas e uns cafe con leite. Rico. Saimos con intencion de recorrer a senda que nos levaba ata o Faro Punta Cabalo na parte mais bonita da Illa. O percorrido non decepciona, liña de costa virxe, marcada por un piñeiral, para chegar o un faro restaurado e convertido nun pequeno pero acolledor restaurante. O lado unha zoa de aparcamento de autocaravanas, rodeada de arbores e integrada na paisaxe. Dous chiringos acolledores ata chegar o arenal mais grande e respetuoso co medioambente. Pasamos o dia descansando, dandonos continuos baños, pois a calor apretaba. A media tarde marchamos para unha zoa de rochas a seguir disfrutando do mar. Eu aproveitei para facer uns kms de runnning... Xa o atardecer tomamos rumbo o hotel, non sin antes tomar unha patatas fritas e unha cervexa o caron do mar. Esa noite decidimos visitar o Bar Lopez onde lembraba ter ceado algunha vez fai xa perto de 30 anos. Do local e facilembrarse pois nunha das suas paredes ten pintado uns mariscos.. o local seguia igual, limpo pero vacio.. tomamos pulpo cocido cun escabeche, tipico da zoa, uns mexilons e arroz negro con choco.. unhas cervexas, total 40 euros, barato pero sin mais.. o importante era tocar espacios que antes tocaramos.. demos un paseo polo pobo e a descansar... o dia seguinte erguemonos para ir desaiunar.. dificil atopar sitio, voltamos finalmente o mesmo do dia anterior.. Isabel tomou unha tosta de queixo fresco, maza e mel, eu cafe con leite e croissant.. Esta vez collemolo coche para cruzar a illa. Disfrutamos do mar nas rochas e aproveitei para correr uns 6 kms. Facia algo de vento pero estabase a gusto o lado do mar. O fin de semana xa remataba. Pasan os anos, pero permanecen os sentementos e o lume que nos fai vibrar...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario