domingo, 14 de diciembre de 2025

Como recordo a participacion de David na "Arnedo Cup"

Recordo que estabamos iniciando a tempada de Infantil A. David entrena con Cadete B e xoga con Infantil A. Ventaxa, mais esixencia nos adestramentos, desventaxa, por momento costalle ubicarnse, co cal non consigue ter o protagonismo que desexa. Nun caso porque o fisico (156 cts) o limita, e no outro a ausencia no dia a dia fai que o adestrador do Infantil reparta os roles doutra maneira. Con eses antecedente chegamos a Arnedo Cup. O plantexamento inicial do adestrador foi apostar polo musculo e a fortaleza defensiva. Nesas circunstacias David, sufre, os partidos de ida e volta, nos que non consiguen ter o control, obrigano a correr mais da conta, co cal a sua cabeza cae presa de pensamentos limitantes ata diluilo. Na fase previa os partidos eran de 18 minutos, no primeiro xogou 18 minutos, estivo correcto, empatamos a 1. Fomos de menos a mais, cun bo inicio, fomos perdendo o control por precipitacion. O segundo partido, contra Osasuna, o rival mostrouse inferior, pero seguimos sen xogar ben, nerviosos, precipitados, nese entorno David non consegue ubicarse, o adestrador dirixe mais, gañamos no ultimo momento. Xoga 25 minutos. O terceiro partido co Cerezo Osaka, equipo xapones mais froxo do agardado. Xoga os ultimos 10, cando mais apretaban os xaponeses.Primeira xornada de dubidas, proba de madurez,de xestinar unha situacion antes vivida, de chegar con grandes expectativas realista e non chegar a verse cumplidadas. O cruce de cuartos, tocou co Zaragoza. Rival que nos eliminara en Ermua. O adestrador cambia o sistema de xogo, priorizando o dominio do balon, pero a David ponlle un novo desafio, posicion de 8 adiantada, onde ten que saltar a presion ata a area rival. Despregue fisico enorme, asumeo con madurez, con enerxia sen perder a pausa para controlar o partido a través do balón e xiros de banda a banda. Nestas circustancias obten o premio do gol e duas ocasions. O primeiro un golpeo en volea coa perna esquerda demostrando a confianza en intentalo e o segundo tendo a ambicion de chegar o remate dende segunda linea a pesar do desgaste. Ledicia. Xogou 20 minutos. Pola tarde xa en semifinais, tocaba o Español, rival que en todos os enfrentamentos fora moi superior a nos. Tanto a nivel fisico como técnico. O adestrador seguiu apostando por ter o balon. O despliegue fisico foi enorme e por momentos conseguimos frustalos quitandolles o balon, con ese pequenos picotazos fomos xerandolle dubidas ata darlles a puntilla cun gol inesperado. Contrapronostico e con algo de fortuna gañamoslle 1-0. A ledicia foi enorme, chegabamos a final de un Torneo moi importante. No camiño quedaran equipos como Barcelona, Valencia, Atletico de Madrid, Villareal, Español, Real Sociedad.... Os pais celebramolo compartindo unha paella na casa que habíamos alquilado, conseguimos aparcar as pequenas decepcions (falta de minutos) para compartir este momento de ledicia. Na final, outra vez contra Osasuna (que por meritos propios eliminara o Barcelona) seguimos con mesmo guión, gañar a traves do balon, David abriu o marcador cun gol de traballo e tranquilidade na definicion. Empataronnos cun golpe directo que tocou nun defensa. Marcamos despois dun centro de David, tenso e precioso, que Nico Mindiola enterrou na porteria. Voltaron a empatarnos e nos penaltis gañamos gracias a inspiracion como sempre de Iker. Todo foi ledicia. O Celta voltaba gañar a Arnedo Cup despois de moitos anos. A unica vez a gañara a xeracion do 2003, dos cales 5 estan no primeiro equipo. Dende a grada algo me dicia que David podia optar o premio de mellor xogador. Non creo neste tipo de premios salvo que o premiado amose un talento superextraordinario. Finalmente non o levou. Aceptouno ben. El estaba contento e non estaba disposto a que esta pequena decepcion lle estropease este momento de ledicia. Eu alegreime de que a autosatifaccion interna aplacase calqueira necesidade de recoñecemento externo. Creo que a Arnedo Cup foi un paso adiante de madurez mental. Pero ante cada avance nacen novos desafios. Os axentes acheganse os rapace dende todos os frentes e por calqueira medio. Falando con nos, cos pais, .. cos nenos directamente o seguindoos a traves de instagram.. nova ameneza que temos que aprender a xestionar que non o despisten de obxectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario