martes, 7 de abril de 2026
Como recordo .. a participacion de David coa Seleccion Galega
Recordo que era un dos obxetivos da temporada, estar entre os 18 elexidos. Primeiro teñente que seleccionar e despois vas pasando un tedioso proceso, de entrenamientos a horas complicadas e en campos en distintos puntos. Recordo que David non estaba moi convencido de estar entre os elexidos. Semellaba non contar coa plena confianza dos adestradores, e por outra parte non chegaba no mellor momento, pois estaba en etapa de cremento e con bastantes dores nos xeonllos. Finamente foi entre os convocados para acudir a fase previa en Poio. Coas perspectivas que acudía, tentei convencelo que disfrutara de experiencia. Catro dias de concentracion con compañeiros novos, outra experiencia a sumar. Este tipo de competicions teñen certos condicionantes: non pode haber mais de tres membros do mesmo clube dentro dos once, tes que xogar con dous sub13 etc.. con isto no primeiro partido xogou 15 minutos, e no segundo nada.. a frustracion era tremenda, e mais que o cabreo de non sentirse importante, e certo, que os adestradores tampouco tiñan moito tacto para facer a situacion mais levadeira.. a sua participacion no primeiro partido foia boa. Aportando sen erros. Si e certo que os compañeiros de club que ocupaban o seu lugar, hoxe en dia ofrecen mais rendemento, pois fisicamente estaban un punto por encima e sobre todo tal vez foxen os xogadores mais determinantes da seleccion por rendemento. Tamen e certo que propoñian un futbol de pase longo, de velocidade e duelos fisicos, o cal estaba na antitese do que podia aportar David. Tocaba isto, e asi tiña que interpretalo. A experiencia foi dificil de dixerir pero creo que aleccionadora para o futuro. Seguramente o longo desta etapa de aprendizaxe vai a atopar con adestradores os que nos convenza polo seu futbol, que non lle amosen confianza e incluso que traten de favorecer a outros, as veces por cuestions de gustos e outras por intereses diversos... ante isto, so toca masticar a rabia, ter a mellor actitude e non perder a confianza actuando se cadra con mais personalidade. Despois da rabieta do segundo partido, soltando de todo pola sua boca... no derradeiro partido, quedou outra vez entre os suplentes. Tivo oportunidade de xogar a segunda parte. Estivo ben, dando pinceladas do futbol que leva dentro, marcou un gol con temple e en xeral estivo ben. Recordo que xa mais tarde recoñecia que cando saiu o campo estaba algo inseguro, con medo a fallar, a non recibir a aprobacion ... pero pouco a pouco foise soltando. Recordo que as veces, hai experiencias negativas, que nos fortalecen e nos preparan mellor para o futuro. Esta foi un claro exemplo.
Canarias 0 - Galicia 3, Asturias 0 - Galicia 0, Melilla 0 - Galicia 4
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario