martes, 21 de abril de 2026
Como recordo ler.. "El enigma de la habitacion 622" de Joel Dicker.
Recordo ler o meu fillo Sergio este libro con moito interes. Chamoume a atencion por que era un tocho de libro de mais de 600 paxinas, e que el o estivera lendo con tanto interese activou a miña curiosidade. Dixome que "El enigma de la habitacion 622" enganchaba. E terminara de rematar un libro, e pedinlle que mo deixara ler, pediullo outra vez o seu dono e truxumo. Asi escomencei a lelo. O libro esta ambientado en Suiza, nun ambente bancario, e xira o redor da intriga dun asesinato na habitacion dun Hotel de montaña en Verbier. Teño que recoñecer que a habilidade do escritor Joel Dicker para ir desenrolando a trama con constantes saltos no tempo, misturando todo tipo de persoaxes e incluso participando el no libro. Agora que o penso e o perfecto guion para unha pelicula de Almodovar. Teño que dicir que cando levaba 1/3 do libro deixei de lelo para ler "El entrenador mental" quo o encargara na biblioteca. Pouco tempo despois recuperei a lectura sen problema.. cando ia pola paxina 500 xa so tiña gañas de rematalo, pois este tipo de libros parecenme un vacile para o lector. Palla e mais palla, xiros e mais xiros, para encher de contido insipido un libro. Cando te achegas o final vas de sorpresa en sorpresa. O final e para rizar o rizo e o que pode parecer unha xenialidade polo ocurrente a min deixou cariacontecido. 637 paxinas e para que?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario