domingo, 14 de diciembre de 2025
Como recordo a participacion de David na "Arnedo Cup"
Recordo que estabamos iniciando a tempada de Infantil A. David entrena con Cadete B e xoga con Infantil A. Ventaxa, mais esixencia nos adestramentos, desventaxa, por momento costalle ubicarnse, co cal non consigue ter o protagonismo que desexa. Nun caso porque o fisico (156 cts) o limita, e no outro a ausencia no dia a dia fai que o adestrador do Infantil reparta os roles doutra maneira. Con eses antecedente chegamos a Arnedo Cup. O plantexamento inicial do adestrador foi apostar polo musculo e a fortaleza defensiva. Nesas circunstacias David, sufre, os partidos de ida e volta, nos que non consiguen ter o control, obrigano a correr mais da conta, co cal a sua cabeza cae presa de pensamentos limitantes ata diluilo. Na fase previa os partidos eran de 18 minutos, no primeiro xogou 18 minutos, estivo correcto, empatamos a 1. Fomos de menos a mais, cun bo inicio, fomos perdendo o control por precipitacion. O segundo partido, contra Osasuna, o rival mostrouse inferior, pero seguimos sen xogar ben, nerviosos, precipitados, nese entorno David non consegue ubicarse, o adestrador dirixe mais, gañamos no ultimo momento. Xoga 25 minutos. O terceiro partido co Cerezo Osaka, equipo xapones mais froxo do agardado. Xoga os ultimos 10, cando mais apretaban os xaponeses.Primeira xornada de dubidas, proba de madurez,de xestinar unha situacion antes vivida, de chegar con grandes expectativas realista e non chegar a verse cumplidadas. O cruce de cuartos, tocou co Zaragoza. Rival que nos eliminara en Ermua. O adestrador cambia o sistema de xogo, priorizando o dominio do balon, pero a David ponlle un novo desafio, posicion de 8 adiantada, onde ten que saltar a presion ata a area rival. Despregue fisico enorme, asumeo con madurez, con enerxia sen perder a pausa para controlar o partido a través do balón e xiros de banda a banda. Nestas circustancias obten o premio do gol e duas ocasions. O primeiro un golpeo en volea coa perna esquerda demostrando a confianza en intentalo e o segundo tendo a ambicion de chegar o remate dende segunda linea a pesar do desgaste. Ledicia. Xogou 20 minutos. Pola tarde xa en semifinais, tocaba o Español, rival que en todos os enfrentamentos fora moi superior a nos. Tanto a nivel fisico como técnico. O adestrador seguiu apostando por ter o balon. O despliegue fisico foi enorme e por momentos conseguimos frustalos quitandolles o balon, con ese pequenos picotazos fomos xerandolle dubidas ata darlles a puntilla cun gol inesperado. Contrapronostico e con algo de fortuna gañamoslle 1-0. A ledicia foi enorme, chegabamos a final de un Torneo moi importante. No camiño quedaran equipos como Barcelona, Valencia, Atletico de Madrid, Villareal, Español, Real Sociedad.... Os pais celebramolo compartindo unha paella na casa que habíamos alquilado, conseguimos aparcar as pequenas decepcions (falta de minutos) para compartir este momento de ledicia. Na final, outra vez contra Osasuna (que por meritos propios eliminara o Barcelona) seguimos con mesmo guión, gañar a traves do balon, David abriu o marcador cun gol de traballo e tranquilidade na definicion. Empataronnos cun golpe directo que tocou nun defensa. Marcamos despois dun centro de David, tenso e precioso, que Nico Mindiola enterrou na porteria. Voltaron a empatarnos e nos penaltis gañamos gracias a inspiracion como sempre de Iker. Todo foi ledicia. O Celta voltaba gañar a Arnedo Cup despois de moitos anos. A unica vez a gañara a xeracion do 2003, dos cales 5 estan no primeiro equipo. Dende a grada algo me dicia que David podia optar o premio de mellor xogador. Non creo neste tipo de premios salvo que o premiado amose un talento superextraordinario. Finalmente non o levou. Aceptouno ben. El estaba contento e non estaba disposto a que esta pequena decepcion lle estropease este momento de ledicia. Eu alegreime de que a autosatifaccion interna aplacase calqueira necesidade de recoñecemento externo. Creo que a Arnedo Cup foi un paso adiante de madurez mental. Pero ante cada avance nacen novos desafios. Os axentes acheganse os rapace dende todos os frentes e por calqueira medio. Falando con nos, cos pais, .. cos nenos directamente o seguindoos a traves de instagram.. nova ameneza que temos que aprender a xestionar que non o despisten de obxectivo.
Como recordo ler.. "Mi hijo es el mejor y ademas es mi hijo" de Jose Maria Buceta
Recordo que escoitara algún podcast de Jose Maria Buceta nesa busqueda constante de ferramentas para poder axudar o meu fillo e cumplir mellor de pai de deportista. O libro merece a pena lelo. Abarca moitos aspectos do deporte formativo e dende distintos puntos de vista, sempre xirando en torno o protagonista: o deportista e poñendo o foco de como un pai pode axudalo. Da para sacar moitas conclusions, algunhas novidosas e outras que me reafirmaron na miña idea. Tamen para adicar tempo a tratar de entender os outros protagonistas da formacion de David e sempre en caso de dubida, preguntar, para non sacar conclusions erroneas que poden ser perxudiciais..."Mi hijo es el mejor y ademas es mi hijo" de Jose Maria Buceta, a pesar de ser un libro extenso, lese con facilidade xa que esta cheo de anecdotas e datos, que corroboran todos os puntos que o autor vai desgranando para facerche reflexionar de como ir detenctando conductas que poden levarnos por camiños equivocados.
Como recordo.. voltar a Illa de Arousa
Recordo que nos primeiros anos da miña relacion con Isabel, a Illa de Arouso convertiuse no noso niño de amor. No Hotel Tamanaco pernoctamos varias noites de fin de semana, o cal nos permitia de dia disfrutar das suas praias e de noite ir de festa a Vilagarcia e Cambados. Moitos bonitos recordos. Co cal aproveitando que cumpriramos 22 anos de casados, que non iamos ir de vacacions este ano, e que estabamos libres de fillos, decidimos ir pasar a ponte da agosto a Illa. Reservamos duas noites no que agora era Complexo Hotelero Tamanaco (sen comentarios) e fomos con boa actitude a percorremos camiños que xa recorreramos. A Illa era ideal para facer camiñatas, pois e plana e ten rutas bonitas o caron do mar, salpicadas por pequena calas e chiringos de aire ibicenco. A primeira tarde, mais fresca que de costume, pasamola camiñando e descansando o sol. Pola noite fomos cear o Restaurante Trisquel, recomendado, nin fu nin fa, normal.. paseaomos pola illa, cun ambiente tranquilo e despois de tomar uns ricos xelados o caron do porto fomos descansar. O dia seguinte madrugamos para ir desainar nun local con vistas o porto, unhas tostas e uns cafe con leite. Rico. Saimos con intencion de recorrer a senda que nos levaba ata o Faro Punta Cabalo na parte mais bonita da Illa. O percorrido non decepciona, liña de costa virxe, marcada por un piñeiral, para chegar o un faro restaurado e convertido nun pequeno pero acolledor restaurante. O lado unha zoa de aparcamento de autocaravanas, rodeada de arbores e integrada na paisaxe. Dous chiringos acolledores ata chegar o arenal mais grande e respetuoso co medioambente. Pasamos o dia descansando, dandonos continuos baños, pois a calor apretaba. A media tarde marchamos para unha zoa de rochas a seguir disfrutando do mar. Eu aproveitei para facer uns kms de runnning... Xa o atardecer tomamos rumbo o hotel, non sin antes tomar unha patatas fritas e unha cervexa o caron do mar. Esa noite decidimos visitar o Bar Lopez onde lembraba ter ceado algunha vez fai xa perto de 30 anos. Do local e facilembrarse pois nunha das suas paredes ten pintado uns mariscos.. o local seguia igual, limpo pero vacio.. tomamos pulpo cocido cun escabeche, tipico da zoa, uns mexilons e arroz negro con choco.. unhas cervexas, total 40 euros, barato pero sin mais.. o importante era tocar espacios que antes tocaramos.. demos un paseo polo pobo e a descansar... o dia seguinte erguemonos para ir desaiunar.. dificil atopar sitio, voltamos finalmente o mesmo do dia anterior.. Isabel tomou unha tosta de queixo fresco, maza e mel, eu cafe con leite e croissant.. Esta vez collemolo coche para cruzar a illa. Disfrutamos do mar nas rochas e aproveitei para correr uns 6 kms. Facia algo de vento pero estabase a gusto o lado do mar. O fin de semana xa remataba. Pasan os anos, pero permanecen os sentementos e o lume que nos fai vibrar...
jueves, 25 de septiembre de 2025
Como recordo ler "El entrenador Mental" de Juan Carlos Alvarez Campillo
Recordo que nesta etapa da miña vida estaba moi enfocado a atopar ferramentas que me axudaran a sacar todo o meu potencial e os meus fillos. Nesta busqueda atopei este libro "El entrenador mental" Descubre al campeon que hay en ti. O libro e moi interesante. Vai analizando os 5 Yos que temos e como debemos ir evolucionando para chegara a plenitude. A traves de exercicios de autoconocemento, de exemplos exitosos.. facil de ler e dos libros que che deixa algunha perla e abreche novas portas de coñecemento. Como lidiar con ese saboteador interno, cos medos, con ese ego traidor... crearte rutinas, atopar a confianza no traballo realizado, crear unha linguaxe positiva e realista.. descubrir ese potencial interior que nos axude a marcar a diferencia cando os talentos se igualan. El Entrenador Mental de Juan Carlos Alvarez Campillo e un libro moi recomendable.
sábado, 19 de julio de 2025
Como recordo.. voltar a cambiar as zapatillas de correr
Recordo que as Nike que tiña xa deran mais ala do que podian dar... Non conseguia lembrarme dende que momento as tiña.. pero repasando no blog semella que dende febreiro do 2020, nese momento retirei as anteriores. Recordo que colleralle gusto a ir anotando datos, na axenda ia anotando todos os dias que facia deporte, primeiro distancias pero ultimamente tempo adicado.. anotar distancias xa se faci duro...pero facendo un calculo mental facilon, estimando unha media de 5 dias a semana facendo deporte, calculando uns 3 km por dia, saianme unha media de 4000 kms en 5 anos.. e como ter feito o Camiño de Santiago desde Roncesvalles unha vez o ano..ou cruzas a peninsula correndo 4 veces.. isto son datos, pero son moitas momentos de todo tipo vividos.. sensacion de liberdade, ira calmada, frustracion, cansancio, derrota, victoria, resfriado, musica, podcast, atardeceres, choiva, vento, tronos, calor abafante... e tamen estiramentos, abdominais, futbol... moitos momentos que pasamos xuntos as zapatillas mais eu. Toca despedirse, nin unha lesion, nin unha torcedura... suela intacta, estructura en perfecto estado, limpas.. rotas si, pero por darlle o balon.. gracias amigas. Por certo Nike. Agora toca dar paso a unhas Puma.
lunes, 14 de julio de 2025
Como recordo ler "Todo lo que era solido" de Antonio Muñoz Molina
Recordo que escoitando unha entrevista a Toni Nadal, nun momento dado citou este libro para apuntalar algunha opinion sua. Toni Nadal tiña un xeito particular de interpretar a actualidade e a min todo o que dicia chamabame a atencion. Tomei nota do libro e apunteino como proxima lectura, a pesar de que poucas referencia tiña sobre o escritor. Recordo que dende o principio "Todo lo que era solido" conseguiu engancharme. Moitas das reflexions que se facian no libro coincidian plenamente coas miñas propias opinions.. a magoa e que o Antonio Muñoz Molina falaba da necesidade de deter a sangria moral na que estabomos inmersos, pero falaba de 2013, co cal durante a su lectura o meu pesimismo foi increscendo, pois estabamos en 2025 e non e que a situacion trocara, senon que empeorara moito mais, e todo aquilo "que antes era solido" xa era moi dificil de identificar... o libro e unha profunda reflexion sobre de onde vimos e de como a apatía e o descoñecemento do orixe das cousas, esta facendo que todo aquilo que nos sustentaba como sociedade e como individuos esta a desaparecer para non voltar, deixar de existir... libro moi recomendable...
martes, 24 de junio de 2025
Como recordo .. o inicio das oposicion de Sergio a bombero en Vigo
Recordo que o traballo estaba feito. A preparacion fora boa co cal os resultados tiñan que ser os esperado... pero tal como se move o mundo das oposicions, non sabes se vai ser suficiente. Nas teoricas de bombeiro conductor o resultado que obtivo non foi malo pero algo insuficiente. Nas preguntas de mecanica non obtivo o esperado, ainda sendo a nota boa, o factor de correcccion dos que acumulan puntos, desposicionouno.. nas de bombeiro a nota foi mellor, e quedou ben colocado .. nas primerira probas fisicas, superounas con boas notas.. no 400 m apenas 51 segundos. nas dominadas contaronlle 16.
Como recordo a participacion de David na Under Cup 2025
Recordo que era o ultimo Torneo do ano en categoria Infantil B. A semana anterior xogaran un Torneo de Marinhas en Esposende. A mellora neste ano fora importante, sobre todo conseguirase asentar na posicion de 8, entendendo mellor a sua funcion, sobre todo no aspecto de dar equilibrio e non perder o exe. O seu xogo fixerase mais cerebral, tal vez, perdendo algo de brilo individual. O seu rendemento era de notable alto, con poucas perdidas de balon, lucindo cando conseguimos ter o balon e sufrindo cando renunciamos o noso estilo e para protexernos buscados balons largos os puntas.. con todos estes condicionantes, creo que a sua progresion debe incidir en non abusar tanto de pases laterais, tentar superar lineas, en conduccion ou asociandose cos medias puntas, isto supon asumir riscos pero tamen ser mais incisivo. Ainda que o balon parado (corners, centros laterais...) executao bastante ben, penso que ainda non se fixo cunha tecnica de golpeo precisa, sobre todo en como colocar o corpo... o fisico e a falta de precision en algun golpeo, marca a diferencia do notable o sobresainte.. e asi estaba sendo nestes Torneos.. partidos brilantes pero nos momentos decisivos, algo de falta de fisico, de atrevemento para superar lineas, e de efectividade no golpeo.. no Torneo de As Marinhas acabamos no quinto posto, con dous vos partidos contra Oporto e Sporting de Portugal.. na Under Cup de Moncao perdemos a final inxustamente contra a Juventus, e David fallou o penalti decisivo... o lanzamento foi similar o fallo contra o Valencia na TicTac... cambio o seu lanzamento de seguridade, corpo demasiado votado para atras e o balon por enrriba do largueiro.. choros, lamentacions, excusas.. aprendizaxe. De todo sempre sae unha istoria bonita. Un aficionado portugues publicou en video en TikTok cun texto asociando este lanzamento o errado por Roberto Baggio na final do 94 contra Brasil para convertirse en El Hombre que murio de pie.
martes, 17 de junio de 2025
Como recordo... ler "El valor de la atencion" de Johann Hari
Recordo que levaba tempo buscando atopar libros que me axudaxen a interpretar os cambios que estaba sufrindo a sociedade e eu mesmo, e como enfrontalos ou tal vez so buscaba atopar argumentos que reforzasen a miña opinion sobre o que estaba a acontecer. O libro vai dando pinceladas apoiadas en datos obxetivos sobre o que esta a acontecer tentando atopar os porques da situacion actual, pero dende o principio vai deixando claro que son mais potentes as iniciativas individuais que agardar a que as grandes corporacions se preocupen de buscar formulas para devolvernos o que perdemos. Recordo que en "El valor de la atencion" apuntase directamente as redes sociais, como secuestradores da nosa atencion, as largas xornadas de traballo, a mala alimentacion, a multitarea... etc etc... a dificultade de recuperar a atencion, esta acabando coa creatividade e o talento, e polo tanto co espiritu critico e que nos esta volvendo unha sociedade mais plana e uniforme, e polo tanto mais facil de manexar. O libro lese con facilidade e consegueu atrapar a miña atencion, pero en esencia apunta claves, da pinceladas sen chegar a deixar o pouso de ningunha idea brilante ou determinante.
lunes, 9 de junio de 2025
Como recordo .. o Torneo San Bernabe Torrelavega 2025 Futbol 11
Recordo que era a segunda vez que acudiamos a este Torneo. A primeira fora como Alevin B. Recordo que os nenos marcharon o Venres a primeira hora da maña. Alguns pais saimos de seguido. Co paso dos anos a relacion entre pais iase consolidando e voltandose mais racional. Pasamos desa unión inicial tipo comuna a que temos actualmente, na que todos imos soportando os nosos diferentes puntos de vista e intereses, e por contra tratamos de disfrutar das viaxes o marxe do futbol. Asi tomamos direccion Suances indo direccion Benavente, Leon, Riaño, cruzar hacia Guardo e Aguilar de Campoo para chegar media tardes a Tanos para ver o primerio partido. O ir 20 nenos convocados nos partidos de fase de grupo repartianse os minutos. No primeiro David estivo ben, xogando con calidade. O equipo pecaba de individualismo, cada un buscando o seu gol. David sigue necesitando o reforzo do entrenador para asumir responsabilidades como o balon parado. Se da con un compañeiro mais ambicioso, perde a disputa, retirase. No segundo partido, con pouca esixencia, estivo normal, ten que buscar mais paredes na frontal da area, e mais pausa no derradeiro pase. No terceiro partido, como ainda non marcara, tentou chegar mais arriba, semella que se non marcas non o estas a facer de todo ben, as veces un gol disimula moitas carencias. No cuarto partido, queixabase de certas molestias (poida que asociadas o cremento) ou eran un escusa para o seu rendementeo mas regular con mais imprecisions. As veces, o feito de non brilar, xeralle presion, asume mais riscos, nunha situacion de dubidas, co cal a posibilidade de erro disparase e todo descontrolase. No partido mais complicado do grupo, seguiamos sen atopar un futbol fluido, co cal David non destaca tanto, pero el estivo determinante. A sua cabeza en bastantes ocasions tornase nun saboteador interno. Cada erro, e un mala cara, un xesto de frustracion... con cal entra nunha espiral.. o mellor modo de combatilo e limitar os factores de despiste: espinilleras atada e ben colocadas, quento ben, con interes, visualizando o que quero que suceda.. e cando estou no campo, estou atento as sensacions, se todo flue perfecto, seno futbol fácil, que sendo tecnico non deberia ser problema. Recordo que a fase de grupos do sabado xogamola en Reinosa, e aproveitamos para visitar Fontibre. Recordo que o dia seguinte tocaba eliminatorias. A primeira superamola sen problemas contra o Eibar e a segunda contra o Young Boys. David estivo ben, dando equilibrio o equipo e canalizando o xogo de ataque, lucirse como a el lle gusta pero ben. Na semifinal contra o Oporto, chegou algo canso e dende o inicio noteino contrariado. Recordo que en el era habitual, que cando escomenzaba o intuir que o seu papel ia ser correr e facer coberturas, semella non ser feliz xogando o futbol.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


