martes, 17 de junio de 2025
Como recordo... ler "El valor de la atencion" de Johann Hari
Recordo que levaba tempo buscando atopar libros que me axudaxen a interpretar os cambios que estaba sufrindo a sociedade e eu mesmo, e como enfrontalos ou tal vez so buscaba atopar argumentos que reforzasen a miña opinion sobre o que estaba a acontecer. O libro vai dando pinceladas apoiadas en datos obxetivos sobre o que esta a acontecer tentando atopar os porques da situacion actual, pero dende o principio vai deixando claro que son mais potentes as iniciativas individuais que agardar a que as grandes corporacions se preocupen de buscar formulas para devolvernos o que perdemos. Recordo que en "El valor de la atencion" apuntase directamente as redes sociais, como secuestradores da nosa atencion, as largas xornadas de traballo, a mala alimentacion, a multitarea... etc etc...  a dificultade de recuperar a atencion, esta acabando coa creatividade e o talento, e polo tanto co espiritu critico e que nos esta volvendo unha sociedade mais plana e uniforme, e polo tanto mais facil de manexar. O libro lese con facilidade e consegueu atrapar a miña atencion, pero en esencia apunta claves, da pinceladas sen chegar a deixar o pouso de ningunha idea brilante ou determinante.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario