domingo, 9 de marzo de 2025

Como recordo.. a viaxe a Londres

VENRES.Saimos de Vigo en coche. Imos por autopista hata Santiago. Aparcamos o coche lo lado da Estación de autobuses, diante dun estanco. Tivemos sorte, pois foi chegar e subir no autobus. Este nosn fixo o recorrido habitual, vai polo monte. O día está frio, hai resto de "follaca" nos montes. O autob´s vai vacio. Tres rapaces conversan alegremente, vense ilusionados coa viaxe. Xa no aeroporto temos o primeiro problema, pois olvidei imprimir o "Web Cheking" ou como se chame. Temos que pagar 10 euros por cada billete e 20 por unha maleta que superaba os 10 kilos. Facturámola.
Comunicannos o retraso do voo. Na espera, podo contemplar unha escea de outror tempos, un limpiabotas facendo o seu traballo de forma impecable, o cal no precio parece que inclúe uns minitus de conversa agradable. No camiño hacio o avíon un rapaz de Monforte de viaxe con outros amigos e uns maiores, salvase de quedar en terra por falta dunha autorización paterna para viaxar, requisito necesario para entrar no Reino Unido. Un fax urxente dende a Garda Civil de Monforte, soluciona o incidente.
O avión sae con 2 horas de retraso, pois o aeroporto de stansted estivo pechado por neve.
Xa no avión, todo nel transmite "low cost". a combinación de cores, os espacios, os uniformes e intentan venderche de todo. A viaxe e un paquete no que Ryanair trata de venderche o máximo posible. E curioso no ceo existe unha total equivalencia libra-euro. Será para non liarse ¿?
Chegamos a Stansted con neve. O vo foi tranquilo. Subimos no autobus que nos leva hasta Liverpool Street. Esta estación e de película. Todo o mundo se move con gran celeridade. Con moita intuición conseguimos comprar as Oyster Card. Coas prisas rompo a asa de maleta. Camiñamos hasta o hotel, teño a sensación de dar un rodeo. E noite. Entramos no hotel as 18h. O hotel está ben situado e semella moi acolledor. No ascensor temos problemas para chegar a planta, pois sen introcir a tarxeta, non podes acceder. Como debe ser.. Nos pasillos teñen maquinas purificadoras de auga e botellas. A habitación é acolledora. Temos máquina para infusions.

Saimos a pasear coa intención de pasar polo Tate Modern e o Shakesperare Globe. Fai frio, Londres e oscuro. Compramos lago nun Mark Spencer. Curioso supermercado. Curiosas cestas. Compramos Te de Ceilan, a pouco máis de 1 libra da prestixiosa marca Ahmad Tea. pasamos por diante da sede do Financial Times. Cenamos no Restaurante Thai, cerca do hotel. Tiña razón aquel que dicia que no centro de Londres é difícil atopar un negocio no que te atenda o seu dono, aparentemente son todos cadenas. Dito isto, tocou dormir.

SABADO.Madrugamos. A hora de pedir un descafeinado con leite armamonos un lío. Teñen ben estudiado o tema. Cobranche máis co normal pero dancho en cantidade. Ben abrigados camiñamos pola orilla do Tamesis ata o Big Ben. As primeiras sensación son de gran edificios coloniais, xente facendo footing cada un coa súa botella, banco rotos... todo normal. Salvo que en calqueira curuncho se percibe fervor nacional. A homenaxe os mortos nas guerras e constante, sobre todo na II Guerra Mundial. As rúas estám limpias. Chama a atención a cantidade de sinais en texto. Espectacualr o detalle do "look right, look left". Imos ata a Abadía de Westminister... teño complexo de Forrest Gump, participando en tantos decorados de tantas películas.. camiñamos por St James Park, coas suas ardillas, os restos de das bolas de neve o seu lago xeado. Chegamos o edificio onde reside a Garda Real, están cos preparativos, semella unha obra de teatro. Xa en Buckingan Palace e grande o alboroto, tes a sensación de que vai pasar algo importante. Todo moi organizado. Veñenme a cabeza as imaxes da película The Queen, co muro cheo de flores en homenaxe a Ladi Di... Tomamos un café a entrada de Hide Park, fai moito frio. Iniciamos unha longa camiñata polo parque. E enorme, inmenso, fantástico que no medio dunha das urbes mais caras do mundo se conserven estes espacios verdes. Apenas ten arbores. Hai espacios reservados para camiñar, correr, bicis, cabalos etc... cruzaste con xente variopinta e é bonito imaxinar quenes serán, que farán a onde irán... a camiña faise longa e o sol empeza a despuntar... Chegamos a Nothing Hill. Diante dun local hai un alboroto enorme de rapaces disfrazados e bebendo, pasa de mediodia, parece como se acordasen reunirse ali por algo.. entramos en Portobello, exemplo de multiculturalidade, de globalización... infinidade de postos de productos vintage, frutas, postos de comida, un caos organizados... xente tocando, homes anuncio, esas casas de onde parecen van sair en calqueira momento os Beatles... uns bloque de edificios que semellan casas sociais, recordan o Belfast das películas. Compramos pouco, comemos algo... de regreso entramos nun café homenaxe a Diana. Está cheo de fotos, incluso hai unha na que parece que sae do local... aínda que son pouco apaixonado destes temas, Londres venara a imaxe desta princesa. Camiñamos cara o Royal Albert Hall. Temos a sorte de poder comprar entradas para o Cirque de Solei. Pasamos polo Museo de Ciencia. Necesítase máis dun dái para velo con calma e dixerilo... por fín, diria miña muller, en Harrods. Moito luxo. Moita máis sente vendo que comprando. Chama a atención a cantidade de empregados exipcios ¿?. As dependentas son guapísimas. Todo recende a luxo. Ata a hora de pagar coidan do mínimo detalle na atención. Para ledicia miña, xusto ó lado está Zara. Avanzamos para coller un Bus. Son estupendos, costa entender a organización das liñas, pero en canto te adaptas resulta sinxelo. Chegamos a Picadilly Circus. Cenit da publicidade estática. Gran ambente. Adentramonos en Chinatown para cenar no Golden Dragon. Está a tope, hai cola, iso si que é un negocio. Isable está a punto de desfalecer por esgotamento... de aí o hotel a dormir.

DOMINGO. Despois do reparador descanso, toca actividade. Collemos un dos buses clasicos, co seu cobrador e todo. Imos a London Tower. Cruzamos a ponte e camiñamos pola orilla do rio moderna. Collemos un bus para Covent Garden. Alí hai follón porque hoxe é a entrega dos premios do cine británico. A zona é moi animada con actuacións de todo tipo...pasamos por Trafalgar Square e entramos na National Gallery. Impresiona tanta pintura. Fai sol.
Volvemos o hotel, Isabel quere descansar e eu aproveito para entrar en St Paul´s. Están con misa. O coro soa sobrecolledor, as cancions lembranme a película "Los chicos del coro". Vou hacia a City. Fabulosa combinación modernos rallaceos, edificiós clasicos e vellas iglesias. Relixión e Banco de Inglaterra, canta historia. De regreso camiño detras dunha parella de novios duns 13 anos moi británicos... Un pouco máis tarde xa estomos camiño do teatro. Lugar espectacular para un espectáculo rico en emocións. Unha viaxe o fantástico mundo do circo enriquecido con conceptos cinematográficos. Un bo fin de festa...

LUNS. Madrugamos con tempo suficiente para non ter sobresaltos. Saimos de Londres por unha zoa deprimente. Notase que e luns, a cidade e un fervedoiro. Chove con ritmo cansino. O aeroporto é un caos. O vo e tranquilo hasta a aterraxe. Santiago recibenos cun forte temporal, ventos de 155 km/h. O piloto demostra moita pericia. A xente volve a aplaudir nos avións...
Todo perfecto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario