martes, 24 de junio de 2025

Como recordo a participacion de David na Under Cup 2025

Recordo que era o ultimo Torneo do ano en categoria Infantil B. A semana anterior xogaran un Torneo de Marinhas en Esposende. A mellora neste ano fora importante, sobre todo conseguirase asentar na posicion de 8, entendendo mellor a sua funcion, sobre todo no aspecto de dar equilibrio e non perder o exe. O seu xogo fixerase mais cerebral, tal vez, perdendo algo de brilo individual. O seu rendemento era de notable alto, con poucas perdidas de balon, lucindo cando conseguimos ter o balon e sufrindo cando renunciamos o noso estilo e para protexernos buscados balons largos os puntas.. con todos estes condicionantes, creo que a sua progresion debe incidir en non abusar tanto de pases laterais, tentar superar lineas, en conduccion ou asociandose cos medias puntas, isto supon asumir riscos pero tamen ser mais incisivo. Ainda que o balon parado (corners, centros laterais...) executao bastante ben, penso que ainda non se fixo cunha tecnica de golpeo precisa, sobre todo en como colocar o corpo... o fisico e a falta de precision en algun golpeo, marca a diferencia do notable o sobresainte.. e asi estaba sendo nestes Torneos.. partidos brilantes pero nos momentos decisivos, algo de falta de fisico, de atrevemento para superar lineas, e de efectividade no golpeo.. no Torneo de As Marinhas acabamos no quinto posto, con dous vos partidos contra Oporto e Sporting de Portugal.. na Under Cup de Moncao perdemos a final inxustamente contra a Juventus, e David fallou o penalti decisivo... o lanzamento foi similar o fallo contra o Valencia na TicTac... cambio o seu lanzamento de seguridade, corpo demasiado votado para atras e o balon por enrriba do largueiro.. choros, lamentacions, excusas.. aprendizaxe. De todo sempre sae unha istoria bonita. Un aficionado portugues publicou en video en TikTok cun texto asociando este lanzamento o errado por Roberto Baggio na final do 94 contra Brasil para convertirse en El Hombre que murio de pie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario