miércoles, 23 de abril de 2025
Como recordo... o Torneo Internacional Real Sociedad 2025
Recordo que os nenos tiñan que estar o venres 18 de abril as 8 horas na Madroa. Chovia moito, de feito despois de deixar a David tiven que cambiarme o chegar a casa e secar a roupa na secadora. Saimos o redor das 11h hacia San Sebastian. Todo o camiño chevendo moito. A primeira parada foi na area de servicio de As Vendas, para tomar un rico bocadillo de xamon por 5 euros e uns cafes. Continuamos ata a area de Los Oteros na autovia Leon-Burgos, de ai ata Urbieta so paramos a repostar pasando Pancorbo. O redor das 19h chegamos o hotel MLC San Sebastian. De estrea, con so 15 dias da apertura, moderno e funcional. Aproveitei para ir correr uns 25 minutos. Quedamos para cear cos pais de Gabri e Iker, algo lixeiro.
Dia 2. Erguinme cedo para sair a correr. Desaiunamos no hotel unhas ricas tostadas con aceite. Hoxe tocaba partido as 12horas contra o Martutene. O resultado foi mais apretado que as sensacions, sen xogar especialmente ben, tivemos moitas ocasions. David estivo ben, pero con menos presencia da desexada. Cando entra en xogo o equipo empeza a xogar e cambia o ritmo. Parte do grupo, fomos comer o hotel, comemos ben, tiñan un menu por 16 euros moi variado. Aproveitamos para ver o partido Barcelona-Celta ata que tivemos que marchar. O Celta conseguiu poñerse por diante 1-3 para acabar perdendo 4-3 de maneira inxusta e cun penalti dudoso. Borja Iglesias marcou os 3 goles. As 18hora xogabamos contra o Osasuna que perdera claramente contra o Español. O Osasuna era un equipo similar a nos, non moi fisico pero con algo menos de calidade. Fixemos un bo partido, dominamolos completamente, creando moito e de diferentes maneiras. Acabamos 3-0. David estivo moito mellor, participando mais e disfruton como a el lle gusta. Despois do partido estivemos un momentos cos nenos e decidimos ir a San Sebantian a tomar algo. Aparcamos na zoa de Gros. Achegamonos a ver a praia e dali camiñamos ata a Catedral. Achegamonos o Bar Sport, onde quedaran parte de grupo.. as veces ai que deixar de lado actitudes un tanto discutibles e achegarse para facer grupo... o redor dunhas cervezas e entre risas, faise piña, ainda que e inevitable que as conversar de sempre poñanse sobre a mesa.. os que xogan pouco, os favoritismos, as distintas baras de medir etc etc.. o unico que nos distingue a uns de outros e que ai un grupo que defende o seu xulgando os outros e outros que morden en parte o malestar e simplimente piden un pouquiño mais de minutos..e inevitable que se den este tipo de situacions, pero afortunadamente os nenos non se deixan influenciar de todo por as actitudes mais viscerais dos seus pais, e aceptan con normalidade os distintos roles dentro do equipo, que van cambiando cada pouco. Ainda asi ai malos indicios de situacions que interferen entre os nenos e...
Dia 3. O dia seguinte madrugamos para tratar de aproveitar o dia e achegarnos a Hondarribia. Chovia moito e tivemos que facer toda a visita baixo o paraugas. Pobo moi bonito no que estiveramos fai 22 anos aprox pero con outra temperatura. Calexeamos ata chegar a sua Igrexa pouco mais abaixo do Parador. Habia diversa actividades de Semana Santa. Soldados romanos percorrendo o pobo, reguifas dende as balconadas, encerro de vaquillas etc.. agardamos ata as 12:30 para ir a misa. O acabar, tomamos algo e fixemos tempo para ir comer o Asador Sutan. Local bonito, modernista, ubicado no medio duns viñedos. Viñedos alguns deles marcados na sua cabeceira co nome do local onde se servia o seu viño. O menu foi con un entrante de crema de calabaza cun leve sabor a laranxa, de entrantes esparragos, alcachofas e croquetas de anchoa. De plato forte 1.200kg de carne a brasa, de postre torrijas, con cafes, un par de viños e augas, precio final por cabeza 51 euros.. para min algo caro. Pretencioso, .. salvo a sorpresa do entrante, patatas regulares, pan sin carisma, e os viños excesivamente caros...a comida alargouse para sair co tempo xusto de chegar a Zubieta. Bonita a cidade deportiva da Real Sociedade, uns 7 campos en perfecto estado, nunhas instalacions feitas en terraza, con cal practicamente tes unha vision clara de todos eles.. todos con gradas .. Tocaba xogar co Español, rival potente o que nos enfrentaramos 3 veces, en 2 arrasaronnos, e outra compimoslle algo e nesta, a primeira en Fut11 conseguimos manter o tipo. Na primeira parte non estivemos mal, acabamos 1-0 pero xogando a remolque deles. Na segunda pese a encaixar 2 goles mais, xogamos con mais personalidade e mostrar as nosas virtudes... David non conseguiu brilar, o mais positivo e que foi de menos a mais... o final estabamos algo decepcionados.. marchamos para o hotel a tomar algo mentres viamos como o Real Madrid agarrabase a liga a costa do Athletic de Bilbao, 1-0 nos ultimos minutos a favor do Madrid.
Dia 4. O seguinte dia levantamonos cunha mensaxe de Hugo, o entrenador. Varios nenos estiveran vomitando de noite, semellaba que algo lles sentaran mal ou tiñan un virus.. quedamos con 12 xogadores, dos cales un so pudo xogar media parte... con este panorama e ainda asi merecemos gañar a loita polo terceiro posto, sen merecelo perdemos por 2-1...
David en xeral estivo ben. Notoo mais maduro, cun rendemento mais regular e xestionando mellor os contratempos e as dubidas. Confiado nas suas posibilidades, cun mellor posicionamiento e xestionando mellor os esforzos.. a mellorar, por dicir algo, a veces e demasiado correcto, sen asumir grandes riscos.. pero paso a paso. Seguir adquirindo recursos para chegado o momento poder atreverse a saltarse o guión e brilar...
Regresamos con calma cara Vigo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario