martes, 24 de septiembre de 2024

Como recordo ler "Lois Pereiro. Naufrago do Paraiso" de Marcos Calveiro.

Recordo que vas mudando o xeito de elexir lecturas. Por momentos deixaste levar por algunha recomendacion, outras veces buscas eses listados de titulos recomendados... neste caso deixeime levar polo azar. A miña ultima lectura foi en galego, o titulo fora suxerido pero na biblioteca so tiñan a edicion en galego, no dixen que non. O rematar de ler este libro, vin que outros libros se publicaran na mesma editorial, e asi foi como atopei este libro "Lois Pereiro. Naufrago do Paraiso". Non foi unha lectura a cegas, sentin atraccion polo persoaxe. Poeta, que morreu xoven e se criou nun entorno rural. Na sinopse do libro faciase fincape neste detalles co cal agardaba atopar detalles dunha infancia con similitudes a que eu vivira... non foi asi.. o libro da breves pinceladas da vida de Lois, recollidas de entrevistas de persoas do seu ambito... semella un reportaxe cinematografico para presentar nunha homenaxe o autor.. o ton e plano, a sua personalidade e plana.. non sei, dalgunha maneira decepcionoume o libro, tal vez porque as miñas expectativas cecais non se correspondian coa dimension do personaxe...

No hay comentarios:

Publicar un comentario