lunes, 16 de septiembre de 2024
Como recordo ler "Fahrenheit 451" de Ray Bradbury
Recordo que buscando algunha opcion interesante de lectura, nalgún lugar atopei recomendado este titulo.. acudin, como facia ultimamente, a Biblioteca Xose Neria Vilas en Vigo, e atopeino, pero en galego, non foi impedimento para achegarme a sua lectura. O reflexionar sobre o seu autor, lembrei que non fai moito indo no AVE, xusto o meu lado unha persoa da miña idade lia un libro desta autor. Lembrome deste feito, porque por curiosidade busquei o autor dun titulo que non coñecia. Teño que dicir que cando descubrin este titulo o primeiro que me viu a cabeza foi pensar que era o guion do documental de Michael Moore "Fahrenheit 9/11. "Fahrenheit 451" conta a istoria de Montang, bombeiro que se adica a queimar libros. Falan dun mundo achegándose a extincion. Un ser humano deshumanizado, desposuido do coñecemento, onde os libros e os seus posuidores son perseguidos e aniquilados, pois son considerado reductos da tristeza e pensamentos dañiños.. o de menos e istoria o realmente impactante e como un libro de 1953 reflexa o mundo actual. Pensamento común, incapacidade para a reflexion, unha vida dixital ficticia, drogas, suicidio, control... Ray Bradbury anticipase en 70 anos a moitas das circunstancias que son actualidade no momento que escribo estas letras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario