martes, 23 de abril de 2024
Como recordo ler.. "La hija de la criada" de Sonsoles Onega
Recordo que non sei como chegou o libro as miñas mans. Eu creo que alguen llo regalou a miña nai, despois leuno Isabel e eu, nun arrebato, despois de acabar a lectura de outro mais profundo, decidin descansar nesta historia. "La hija de la criada" esta ambientado na Galicia de inicios do Seculo XX. Esa Galicia costeira de señoritos que se debatian entre levantar industrias ou seguir exprimindo os recursos obtidos na emigracion. E outra historia, de tantas, con pazos, abusos de clases, de talentos agochados por unha condicion de nacemento que os limita... Conta como unha situacion tan sinxela como trocar un bebe por outro pode modificar o destiño de duas persoas. Temen fala do valor de romper con establecido na busqueda de un mundo mellor, as veces poñendo en risco o propio futuro, pero abrindo unha venta o futuro de outros. "La hija de la criada", e unha historia repetida, sempre con un final moi galego, eses finais que estan esculpidos nas facianas de moitos galegos. O mar, a emigracion, o caciquismo, o analfabetismo, o oscurantismo, o medo o futuro... algo de Galicia, superficial, sen chegar o berro liberador para rachar co establecido.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario