miércoles, 24 de abril de 2024
Como recordo ... a participación de David no World Football Festival 2024 en Chiba Japon
Recordo que os feitos desenrolaronse asi..
Dia 1
Sairon dende a Madroa as 12:30.. Despedida tranquila direccion Oporto para voar ata Paris. Dende Paris as 10 da noite sairon nun vo de Air France cara Tokio, para chegar ali as 11:30 hora española. Segun palabras de David por un momento hubo turbulencias, escribiulle unha mensaxe a sua nai que recibimos o conectarse a wifi do hotel. Deulle tempo a ver algunhas pelicula como Megalodon, Spiderman.. e xogar nunha pantalla que dicia grande. Contoume que o avion era grande e estaba separado en 5 partes.. deronlle de cear non sabia o que .. facilitaronlle almohada e manta e chegou a durmir 8 horas.. nalgun momento pudo ver que pasaban por riba de Kazagistan e o Mar Morto.. no Aeroporto dixome que o recibiran moitas persoas que lle facían fotos e videos... o chegar de noite no traxecto en autobus contoume que viron unha cidade chea de luces de cores.. xa no hotel chamounos, eran as 15 horas española.. tocoulle con Adrian.. Sete horas despois chamounos Aldao, estaba chorando, os motivos un pouco de todo... falou con Isabel.. mais tarde escribiume para preguntarme por algun truco para durmir.. eu creo que non era capaz de durmir e isto angustiabao...
Dia 2
Estaba relativamente preocupado, por unha parte, que era unha situacion pola que tiña que pasar pero por outra parte inquedo por como lle podia afectar. David tiña 11 anos e estaba reaccionando como podia chegar a reaccionar un neno de 11 anos, e eu estaba afectada como pode estar un pai o que lle gustaria ter perto o seu fillo para agarimalo. O amanencer en España vimos as fotos de cando estaban desaiunando.. notabanse cansos e tratabas de buscar en cada foto calqueira detalle de tranquilidade. Polas fotos que nos enviaron fixeran un percorrido por Tokio. David estaba mais serio do normal, notabase como mais encerrado en si mismo.. chamaronnos as 11:30 hora española... falei con el .. repetindolle as mesmas preguntas que antes lle fixera miña muller.. o seu ton era apagado, esforzandose por aparentar normalidade eu tratei de non darlle importancia, achacando o cansancio.. faloume de Tokio, de edificios altos, de cerezos en flor, que viran a estatua de Hachiko... mandoume fotos de tendas claras.. algun video.. despois de colgar envioume unha mensaxe para recordarme canto me queria.. pa confesarme que estaba nervioso.. tratei de tranquilizalo...
Dia 3
Hoxe tocaba partido. Non ia xogar co 10. Levas o equipaxe na tua mochila e cando chegas a destiño hai troco de numeros. Situacion que xa sucedeu antes e que non acabo de entender.. pero acepto como unha aprendizaxe. Gañamos os dous partidos, con bos momentos, pero na miña opinion con victorias de empuxe, voto en falta mais xogo combinativo e mais calidade nas accions tecnicas.. pero gañamos. David escomenzou o primeiro partido con dudas, e para el en certos momentos non ten moita marxe para dudar ou non tanta como outros.. despois estivo ben, na miña opinion dalle criterio e fluidez o xogo co cal creo que cando esta el semella que o partido ten mais control.. de media punta sigue costandolle atopar ou xerarse o espacio para recibir so... cando falei con el, dixome que comera ben, atopabase mellor ainda que non conseguira durmir ben e noteino mais animado ainda que algo apagado... envielle unha mensaxe de animo, algo esta mudando en min, tocaba motivalo, darlle confianza nese entorno novo para el e convivindo con circunstancias que trato de asumir pero non chego a entender.
Dia 4
Aldao, enviunos unha mensaxe, David seguia con problemas para durmir e voltara a durmir con el. Na segunda xornada de partidos perdemos os dous. No primeiro contra un bo equipo xapones, fomos a remolque.. eran mellores que nos como equipo, mellor plantado sobre o campo e en xeral con mais recursos tecnicos. Cara o final fixemos co partido e casi logramos o empate. Contra o Benfica escomenzamos ben e fomonos diluindo pouco a pouco... no equipo a veces premiase en demasiado o intentalo, e alguns intentano de seguido o problema e que impiden que o intenten outros ou se intente de unha forma colectiva. Esta ben asumir o protagonismo, non rendirse, pero a suma de heroicidades e un recurso para unha situacion puntual non unha estratexia... David non estuvo mal pero cando lle tocou xogar de medio centro, tal vez por momentos se afundiu demasiado... as veces ten que defender mais o seu rol no equipo, sobre todo cando outros tratan de adquirir demasiado protagonismo que non multiplica o colectivo. Tuvo presencia en minutos e no segundo partido contra o Benfica tivo bos momentos como interior... tal vez tivo que haber recibido mais balons, pero non lle chegaron todos os que lle debían haber chegado...¿??. Chamoume o redor das 13:30 hora española. Notabase na cara algo canso. Estes dias non tiña ese brilo na sua mirada cando se sinte confiado. Notabas que se esforzaba por agradar e facerte sentir ben, pero o timbre da sua voz era fraxil. Contoume o que fixera o longo do dia sen moita paixon, semellaba que o seu estado anímico non lle permitia dixerir do mellor xeito todo o que estaba vivindo... so agardo que na sua retina, no seu olfato etc... queden grabadas as sensacions do vivido e no abrigo do fogar poida procesar todo o vivido.
Dia 5
Como todos os dias o redor do mediodia español chamounos David. Hoxe noteino mais feliz, recien duchado e co pixama. Tiña olleras, pero recuperara algo de brilo na sua mirada. Contoume todo o que fixeran o longo do dia. Visitaran Tokio, o centro pareceulle moi bonito, pero polo demais prefiere Galicia. Foron visitar onde se creou Oliver e Benji e fixeronse varias.. posteriormente acudiron a unha festa do campeonato nun hotel.. dixome que coñeceron a distintos nenos, sobre todo faloume dos japoneses, belgas.. cando lle preguntei polo Santos, non me falou ben.. comentoume 2 detalles que deixan clara a sua sensibilidade e perspicacia. Dixome que non lle gustaba a actitude de un entrenador que lle preguntaba a Gabri polo cicatriz que tiña na cara (sobraba a pregunta) e despois preguntoulle si se clasificaran (pa que me preguntas si xa o sabes ¿??)... falamos tamen da mision que tiña que complir con libro que lle mandaran... pensaban deixalo na biblioteca do hotel ou tamen valoraba darllo o guia que os atendia, cria que se chamaba Maroke..
Dia 6
Ultimo dia de partidos. Voltaron xogar co Yokohama Marinos, na primeira fase gañaran 1-0, este rematou en empate... non conseguiron xogar tan ben como en algún partido anterior.. o segundo partido gañarono 4-1.. despois xogaron un amistoso que gañaron 3-1. A David noteino canso, lento... cando falei con el contoume que lle doian unha perna, tiña un negron enorme a altura do xeonllo.. a verdade que polas fotos enviadas o viaxe aproveitarono ben para intentar traer unha lixeira idea de Xapon. Como tarefa a David puxeralle levar o libro escrito por o meu amigo Felin Romero "Querida Arcea" a Xapón e deixalo nalgún lugar de paso para desa maneira que o azar o levase as mans doutra persona no extremo do mundo. El decidiu regalarllo a persoa que tiveran de guia ou acompañamento, grabaron un bonito video facendolle entrega... a Felin encautolle o detalle.
Fin da viaxe
O marxe da parte deportiva, o viaxe estuvo ven aproveitado como unha pequena inmersion na cultura Xaponese e en concreto de Tokio. Fixeron bastantes visitas para poder volorar o contraste entre a tradicion e a modernidade... con 11 anos, penso, un non asimila todo aquilo o que tuvo acceso, sera co paso do tempo cando valoren a experiencia. A volta fixerona sen contratempos... co paso dos dias, foi soltandose a contarnos algunha experiencias da viaxe, ainda que non moitas.. o dia seguinte, voltou o colexio con normalidade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario