martes, 26 de marzo de 2024

Como recordo... a participacion de David na Gañapote Cup 2024

Recordo que o Torneo celebrabase en varias sedes repartidas pola costa de Huelva. Sairon un dia antes dende Santiago en avion direccion Sevilla. Chegaron con un dia de antelación para poder disfrutar do Hotel Fuerte en El Rompido. A primeira fase xogabana en Lepe. Partidos ante rivais mois floxos, que xogamos a medio gas. David despois de unha epoca con algunhas dubidas ou tal vez crecemento, semellaba voltar a atopar o camiño correcto para facer un futbol fluido. Despois de unha etapa de querer o balón e as veces amasalo "en demasia", agora voltaba a darlle movemento e por contra consolidara a valentia de querelo e non ter medo en asumir os riscos que a sua posicion lle exille. Neste Torneo incidiu en buscar ese pase definitivo que poña os compañeiros en ventaxa e filtrar pases con dificultade e transcendencia. A dificultade as veces levabao a cometer erros, outras veces non atopaba o timing co receptor que non lia tan rapido a xogada como el. En xeral estubo a bo nivel, sobre todo nos partidos con mais dificultade, ante Liverpool e Cadiz. Valente, intenso e ordeado en defensa, dando equilibrio, e asumindo sen temor a xestion do balon. No disparo a gol, segue sen atopar a pausa suficiente para buscar mais a colocacion que o golpeo en si. Pouco que dicir, un paso mais para afianzarse nun rendemento mais regular nos momentos importantes. Recordo que a Gañapote Cup 2024, tal vez foi un dos torneos onde os nenos mais disfrutaron. Estancia nun hotel con piscina, campos de xogo, tirolinas etc... onde poideron disfrutar de moito tempo libre para xogar como nenos que son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario