jueves, 14 de marzo de 2024
Como recordo.. ler "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa
Recordo que tiña este libro sinalado como lectura pendente, pero por distintas razons esa lectura foi aplazada. Mario Vargas Llosa, non suscitaba en min o desexo inevitable de lelo. Lera alguns artigos seus e non me apaixoaran, tamen seguira un pouco o seu ideario e non acababa de ubicalo.. pero esta vez si, decidin afrontar a lectura de "La ciudad y los perros". Dende o inicio, lembreime da lectura de "Cien años de soledad". Achegaste a unha maneira de escribir moi recoñecible, nun español latinoamericano, cheo de palabra case descoñecidas e de uns dialogos intensos que transmiten ata una maneira de comunicarse totalmente diferente. "La ciudad y los perros" sumerxete nun esceario acorde coas palabras e as frases, cheo de matices, atropelado, onde o autor te zarandea para arriba e para abaixo de dereita a esquerda e ti deixaste levar como narcotizado polas palabras... asi vai desgrananse a trama e asi vas coñecendo parte de Peru, de Lima, dos seus habitantes, do seu xeito de vivir, do seu clima... a medida que te achegas o final, o libro muda, para convertirse nunha historia de amores, desamores, lealtade, honor e moita miseria humana... non podo dicir que a lectura de "La ciudad y los perros" me apaixonara, pero si estou seguro que algo me deixou como lector e que Mario Vargas Llosa si confirmou o porque do Premio Nobel, pois ten algo único como escritor que so a el lle pertence.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario