martes, 20 de febrero de 2024

Como recordo ler.. "El Director" de David Jimenez

Recordo que casualmente empecei a seguir un podcast "The Wild Project". Vas fiando entrevista tras entrevista e asi cheguei a de David Jimenez, corresponsal de El Mundo durante moitos anos. Atraido polas suas vivencias e sobre todo pola sua corta experiencia como Director de El Mundo, decidinme a ler a sua obra "El Director". O libro e ameno e facil de ler, nel vaise detallando como un periodista-reporteiro de raza, con vocacion, acaba convertindose por sorpresa en director de El Mundo. Deixase atrapar por o cargo como un iluso, guiado por esa vocacion de periodista integro que confia no periódico como arma de cambio e principal garantía da Verdade. No libro David Jimenez detalla as entrañas do poder en España. Unha España corrupta onde non hai separacion de poderes e todo se move por unha cadea de favores, orquestada por non mais de 100 homes que manexan o seu antoxo o camiño do pais. Calqueiro atisbo de resistencia acaba sendo acalado por un sistema implacable... evidentemente so se dan datos probados e xulgados pero si se insinua un mundo confuso e preocupante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario