martes, 6 de junio de 2023

Como recordo... os Torneos de David 2022-2023 (Parte 1)

Recordo que a partir de Semana Santa o nivel de compromisos co futbol ia en aumento. O primeiro desta tanda foi en Oroso e David non puido acudir por estar indisposto con fiebre alta. Semanas mais tarde acudimos a disputa do Torneo de Galo en Vila de Cruces. Torneo de un dia, onde principalmente os equipos eran galegos. Competimos ben, gañando una semifinal disputada contra o Braga Alevin segundo ano, e gañando a final o Deportivo con moita claridade. Coa chegada dos Torneos mais duros, David cedeu a sua praza como mediocentro, para deixar o seu lugar a 2 compañeiros que fisicamente na actualidade son mais fortes que el e poden xerar unha maior proteccion defensiva polo centro. Con este cambio o equipo gaña, pois fortalece a zona central ainda perdendo algo de creatividade e fluidez, e gaña a presencia de David por banda que lle pode dar mais profundidade o equipo e verticalidade. Recordo que este troco a David o principio non o acolleu de boa gaña, pois perde influencia no xogo e protagonismo, feitos estes que retroalimenta o seu rendemento, pero e outro aprendizaxe, sumar minutos onde te poñan e aprender a interpretar o xogo dende diferentes angulos. Despois do seu bo rendemento na Oviedo Cup, se o interpretaba de forma negativa, semellaba unha perda de confianza, asimilandoo de xeito positivo non deixaba de ser unha oportunidade para mellorar o un contra un, sumar moitos minutos de xogo e contribuir a que o equipo fose mais forte. Como asi foi: Segundo posto en Torrelavega so perdendo contra o Barcelona e Terceiro posto na Jamon Cup de Calamocha, so perdendo un partido en semifinais co Valencia (que gañaria a final contra o Betis) de forma dudosa e arrasando o Depor na loita polo terceiro posto. Recordo que David nesta posicion en banda (Futbol 7) gañou en confianza no un contra un e nas suas prestacions en defensa e interpretacion das coberturas.. como mellora a finalizacion, conseguir ter mais gol, ser mais efectivo nas chegadas, gañando en pausa, .. e non abusar da saida facil por banda en velocidade, atopar mais veces os espacios internos... Recordo que os pais antes demandabamos presencia en Torneos de nivel, coas ultimas experiencias poño en dubida o que realmente nos aportan. Obrigante a facer desprazamentos para os nenos de mais de 10 horas de autobus, perder un dia fixo de colexio ou as veces dous, para xogar se todo vai ben, non mais de 4 partidos con equipos de nivel alto... o ser partidos cortos, poucos nenos suman mais de 120 minutos de futbol en todo ese fin de semana... hai que verlle o lado positivo das experiencias que acumulan, compartindo cos compañeiros, coñecendo lugares novos, nenos novos... outras costumes e culturas (os nenos xaponeses)... recordo como David me contaba que as veces comialle a comida un compañeiro (Jacobo) para que non lle votaran a bronca, durmir acurrucados na mesma cama 3 por ter medo, que os colleran as tantas xogando o 1, ... e tantas outras

No hay comentarios:

Publicar un comentario