lunes, 12 de junio de 2023
Como recordo.. a participacion de David na Azpeitia Cup 2023
Recordo que era a cita Top dese final de temporada. Torneo de Futbol 8 onde acudirian os principais equipos do territorio nacional. Un bo test para coñecer cando de mellora levaba acumulada e cantas leccions aprendidas en cantas por aprender. Recordo que nesta etapa a tozudez e a perseverancia nas suas ideas, achegabano o erro pero tamén positivamente faciano reflexionar e mellora. Recordo que neses dias decidiu mercar botas novas, e como non estrealas no Torneo, e como non, o seu rendemente veuse menguado na primeira xornada, pois estaba mais pendente das botas que do seu rendemento... co cal a "atencion plena" non apereu... supo arreglalo no segundo dia, voltou as botas usadas e atoparse con sensacions coñecidas, o igual que superar as dubidas de medias altas ou baixas, espinilleras a vista etc... detalles so para despistar... xa con botas coñecidas, medias no seu sitio etc.. o seu rendemento foi realmente bo, enerxico, concentrado en defensa e desiquilibrante en ataque, gañando os duelos individuais, tanto encarando por dentro como por fora, sempre desequilibrante e rematando sempre con boas decisions.. tirando do carro cando tocou tirar e sin esconderse en ningun momento asumindo os riscos necesarios.. penso que foi a confirmacion de que o seu rendemento pode ser alto ante rivales esixentes.. Como anecdota, hai algo que nunca me gustou dos Torneos, os premios individuais, pois creo que neste idade son innecesarios... cando un se ve con posibilidades de obtelo, sobre todo cando o obten un compañeiro, entramos na comparacion, porque el e porque non eu... asi sucedeu, o final como consolo o recoñecemento dos entrenadores e unha copa simbolica... non me gusta escribir sobre o sucedido pois penso que ese non e o obxectivo nin a interpretacion correcta... un ten que traballar para superarse, para dar a mellor verxion, saber facer unha boa lectura do aprendido e das metas superadas e que estas conclusion sirvan de vitamina para enfrentar novos obxectivos... un e bo polos recursos que adquiere e o que consigue saber facer e demostrar... o futbol pon a cada un no seu sitio...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario