sábado, 29 de abril de 2023
Como recordo... unha situacion extraña vivida con David
Recordo que levaba dias alterado, nervioso.. tal vez por cansancio excesivo, cambios asociados o seu crecemento, presion etc... o certo e que a sua reaccion era activar un mecanismo de defensa baseado nunha actitude desafiante e retadora, mistura complicada que aumentaba o risco de reaccions desproporcionadas. Preocupabame a situacion e ante ela decidin provocar os paseos con el e Dana, tratando do atopar un espacio para falar con calma e tratar de buscar un consenso para evitar estas situacion. Recordo que nun deste paseos abriuse a min e espuxome o que non lle gustaba e como habia situacions do seu entorno que lle preocupaban. Recordo, que David era moi sensible, cualidade que para moitas cousas o axudaba pero que noutros momentos lle pesaba como unha lousa, pois o facia vulnerable a moitas situacions, incluso alleas a el... o certo e que nese paseo sucedeu algo que me deixou preocupado. Cando me din conta ia camiñando eu so, cando me xirei vino agochado, achegueime e comentoume que non podia respirar, tiña unha dor abdominal que non o deixaba respirar.. estaba asustado, desorientado, cunha vision algo perdida, decia que non veia ben, vision borrosa, gañas de toser... sentamonos e votou tempo el voltar a normalidade, pero estaba extraño como ausente.. foi pouco a pouco recuperando a normalidade... o chegar a casa pediume que fosemos so ata a habitacion e ali se estivemos ata que se quedou durmido...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario