viernes, 17 de junio de 2022

Como recordo.. a o Torneo de David en Cracovia

Recordo que a ultima hora o Celta Benxamin invitarono a Sokolik Cup que se celebraba nunha localidade a 100 kms o sur de Cracovia. Nesta datas iamos acudir a un Torneo en Jaca que finalmente se suspendeu, si xa antes organizar o traslado a Jaca nos xeraba dubidas, ir a Polonia se cadra foi mais complexo, pois non todos os pais podian ir, o enclave era a 100 kms da fronteira con Ucrania, naquel momento en guerra. Finalmente decidimos ir Dani (pai de Yoel), German (pai de Gabriel), Jorge (pai de Mateo Curras), Alex (pai de Alexis), Humber (pai de Humber) e Carlos (pai de Mateo Quintana). Inda votamos unhas risas para organizar todo. Os nenos voaban dende Oporto, por 286 euros ida e volta, nos tivemos que buscar unha alternativa mais economica, facelo de Santiago a Edimburgo e dende ahi a Cracovia, facendo 3 vos con Rayanair e outro co Easyjet, todo por 144 euros. Unha vez resolto o tema vos, alquilamos coche, hotel e cambiamos slotis, asi como solicitar tarxeta sanitaria europea, renovar pasaportes e validar todas as dudas que xurdiron. O dia 10 as 11:20 Dani recolleume puntualmente para facer camiño ata Santiago no seu coche de 7 plazas. O primeiro avion saiu con 40 minutos de retraso, as 15:10. Ia cara Polonia, pais que sempre quixen visitar por Varsovia, Auschwitz e por ser a terra de Lech Walesa e do papa Woytilia . E curioso que a vez que o puden visitar coincidiu co nacemento de David, na Eurocopa de 2012, España xogaba en Gnask e eu renunciei a ir ver o partido, pois estaba a punto de nacer. Asi e o destiño. Chegamos a Edimburgo con retraso, o aeroporto estaba saturado de xente e os controis de pasaporte e equipaxes eran tediosos. Aproveitamos para tomar unhas cervexas e comer algo, nun local que semellaba tipica taberna escocesa. As cervexas a partir de 6 libras. O bo a Cracovia foi tranquilo, nin me enterei da aterraxe. Outra vez control de pasaportes, menos mal que agora hai unha maquinas que len o pasaporte e despois verifican cunha foto o tua imaxe. Diriximonos o mostrador da empresa a que lle alquilaramos o coche, Flex Rent a traves de Rentalcars. Tivemos problemas para tramitar a fianza da reserva, coa tarxeta de credito, pois esta caducaba en Agosto. Uns liantes, tivemos que pagar 1086 eslotis a mais, para contratar un seguro a todo risco. Unha clausula abusiva que despois reclamaria. Asinaronnos unha VW Caddy a estrear, comoda. Saimos do aeroporto, buscando un lugar onde cear, un KFC. Cenei por 33 slotis. Collemos direccion o hotel por unha autovia, na que nos encontramos un comboy de camions que levaba tanques para o frente... primeiro por autovia, despois por nacionais e algunha secundaria, fomos avanzando por un pais que de noite semellaba bonito.. chegamos o hotel para acostarnos o redor das 3 da madrugada. Dia2 En Polonia nestas datas amanecia o redor das 4:30. Ven cedo xa estabamos despertos. Quedaramos para desaiunar as 9:30 horas, co cal aproveitei para sair a dar un paseo polo pobo. Xusto enfrente o hotel tiñamos unha igrexa. Os polacos son moi devotos e notase no esmero co que construen as suas igrexas. As 8 da mañan xa se ia celebrar un misa en honor a un difunto. Con sixilo e respeto adentreime na ceremonia para grabar como lle adicaban unha misa cantada, onde poiden escoitar unha voz preciosa cantando unha cancion universal polaca, coñecida pero que non puiden recoñecer. Recorrin os arredores do hotel, con varios edificios reductos da epoca sovietica. Liñas rectas, ventanais pequenas, portais diminutos e sen concesions a estetica.. funcionais.. construccions non muy altas, en entornos espaciosos cheos de zonas verdes pero temen sen concesions... as 9:30 estabamos todos reunidos para desaiunar. A oferta era variada, a vase de algo tipo canapes, moi vexetais, pero pouco apetecibles para os nosos paladares.. ainda que a oferta era amplia o resultado era algo pobre, e con pouco esmero... Decidimos pasar a maña na piscina do hotel e nos jacuzzi, pois os nenos non escomenzaban a xogar atas as 14:30. Con tempo tomamos direccion a ubicacion do campeonato. O pobo era bonito, pequeno pero bonito. Os partidos xogabanse nun campo de cespede natural, pequenos e con algunhas normas diferentes... 7 xogadores, saques de bando co pe, podiase sacar e sair conducindo.. era diferente e habia que adaptarse. Escomenzamos ben, gañamos 4 e perdemos 1. Os rivais foron FK Spartak Subotica, Banik Ostrava, Barca Academy, FA Sandecja e Delta Warszawa. Estes resultados permitonnos pasar a seguinte fase polo titulo. Os partidos duraban 18 minutos e xogabas un partido cada hora, co cal habia pouco descanso. Entre partido e partido aproveitabamos para tomar unha cervexa e bocadillos de salchicha.. os nenos estaban competindo ben, adaptandose as novas circunstancias. David estaba rendindo a bo nivel, xogando principalmente de medio centro ou inteior... como el dicia, sentiase a gusto cando tiña o control do partido. Despois de falar un momento cos nenos, regresamos o hotel co tempo xusto para ducharnos e sair a cenar. Buscamos un restaurante en pleno centro, e acertamos.. pedimos un plato tipico de entrente, unha especie de empanadillas de masa fresca e recheos de dulce e salgado, regular .. de segundo eu tomei unha carne en trozos con salsa de champiñons, xudias e un grumos como de pasta de patata... con cervexa, pagamos por cabeza 15 euros aprox.. buscamos onde tomar unha copa, pero Polonia non e España.. atopamonos cos pais dos nenos do Depor, que estaban de baixon pois o Depor perdera o partido que lle daba o ascenso con todo a favor, xogando na casa ante 30000 afecionados, rematou perdendo 1-2 co Albacete. Retiramonos pronto a descansar. Dia 3 Madrugamos o dias seguinte para achegarnos ata un bosque cercano e dar un paseo polas suas pasarelas. Pasamos a maña paseando e tomando algo no pobo, pois non escomenzabamos a competir ata as 13:30 horas. Os rivais nesta segunda fase xa ian ser mais complicados. Escomenzamos gañando 3-0 co Sporting de Lisboa, asi gañamos os primeiros 3 partidos. No cuarto partido a cousa complicouse, empezamos gañando pudemos sentenciar e acabomos empatando e pedindo a hora cun rival inferior.. o cansancio escomenzaba a notarse, faltaban forzas e aparecian dubidas.. os partidos sucedianse con moita calor e con pouco tempo para alimentarse.. no ultimo desta fase nos xogabamos todo, pois o gañador de cada grupo xogaria a final.. nos necesitabamos un bo resultado e escomenzamos perdendo 2-0.. os nenos deronnos unha leccion de coraxe e fe, pois non baixaron os brazos e pouco a pouco foron correxindo a situacion ata conseguir empatar e acabar liderando un grupo moi igualado. David voltaba a ser o xogador que era e a recuperar esa confianza para liderar nos momentos complicados. Sin estar xogando nas circunstancias mais favorables para el, pola falta de espacios e un futbol mais directo do normal, si trataba de sumar e asumir liderazgo. Todos estabamos felices por chegar a final, pero eu sobre todo valoraba que todos os nenos neste torneo sentiase participes por igual, e foron capaces de enfrentarse a situacions criticas de estar eliminados e saber competir con esta presion para conseguir o resultado que necesitaban. Non sei que sera no futuro deste equipo pero teñen unha diversidade que mezcla ben, e de momento se os maiores non se entrometen, todos asumen o seu rol e o perfil de cada un dentro do grupo... deste xeito presentamonos na final contra o Oporto. O Oporto mostrarase como un equipo moi competitivo rozando as veces a antideportividade.. forte fisicamente e de caracter, a cousa non apuntaba ben.. o partido ia ser retransmitido en Youtube, xunto coa ceremonia que foi bonita e emotiva.. unha banda tipica fixo unha actuacion para despois recibir os nenos co himno da Champions.. estes sairon levando da man nenos mais pequenos e presididos pola bandeira de cada pais.. unha vez no cespede sonaron os himnos de España e Portugal, e a imaxe preciosa dos nenos tocando o escudo mentres soaba o himno.. a motivacion era moi alta, faltaba comprobar como nos ia a afectar en positivo ou negativo... saimos enchufados e marcamos pronto, cun gol de Humber, que foi como unha punzada na moral do rival.. de repente o Oporto atopabase nunha situacion que non agardaba.. aguantamos nun partido de pouco futbol pero intenso, tivemos oportunidades para sentenciar, pero a 2 minutos do final marcaronnos dende unha falta lonxana.. asi acabou o partido.. tocaba tirar penaltis.. e aqui os nosos voltaron a ser mais fortes mentalmente que os rivais.. David fallou o seu penalti, pero fallouno con estilo, con personalidade.. carreira lateral, bicicleta e o porteiro adivinou o disparo, nada que dicir.. o certo que fallo pudo xerar unha situacion dura para el, pero todo quedou en nada, nun susto e nunha leccion para aprender, que si tes un xeito de facer as cousas tes que perfeccionalo o maximo para minimizar o risco do fallo. Osadia e Alegria. Orgulloso. Coa victoria todo foi ledicia e vivimos momentos inesquencibles. Os nenos do Depor esquencendose de rivalidades e celebrando cos nosos, intercambiando os cromos que lles regalaran, os cañons de confetti, o vaciado dos Puff, fotos e mais fotos.. Gabri co seu premio individual, premio a calidade, a humildade e o traballo con discrecion.. regresamos a o hotel para ducharnos e ir cear o lugar do dia anterior. Voltamos cear ben, tivemos como sempre conversacion distendida falando de todo.. rindonos moito.. despois de un breve paseo decidimos marchar a descansar, pois o dia seguinte tocaba madrugar. Dia 4 Erguemonos as 6 da maña para marchar con tempo e sin sobresaltos. Era luns e a esa hora na entrada de Cracovia habia retencions. Devolvemos o coche, pasamos controis e avion direccion a Edimburgo. En Edimburgo, outra vez aeroporto colapsado. Comemos algo como puidemos e avion cara Santiago. Os nenos chegaran xa a Madroa e foron recibidos con moita algarabia e coa presencia de Iago Aspas. Nos as 21 horas estabamos na casa. Experiencia bonita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario