martes, 28 de junio de 2022

Como recordo... ler "Saber perder" de David Trueba

Recordo que lendo ou escoitando a Guardiola, citaba este libro como interesante de ler. Guiado por este estimulo decidin achegarme a sua lectura. Estaba nunha etapa na que o apetito pola lectura baixara, xa non tiña a mesma motivacion.. conseguin descargalo de internet e os poucos funo lendo. O libro leva o selo do seu escritor. "Saber perder" ben semella un guion dunha pelicula, tres xeracions da mesma familia que se enfrentan as distintas formas de fracaso na vida: o amor que se esgota, o fracaso de non cumprir expectativas vitais, o fracaso de traicionarse a un mesmo... etc.. asi transcurre a lectura, nunha mistura de varios persoaxes en distintas situacions, que avanzan hacia un final previsible salpicado por pinceladas de pura vida.. "Saber perder" de David Trueba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario