viernes, 3 de junio de 2022

Como recordo.. a viaxe a Atenas e Mikonos

Recordo que o viaxe foi un premio por acadar os obxectivos en RCI Banque. Dia 1. Saimos o dia 16, as 17h. Recolleunos Jaime e Eva na nosa casa. Despois de facer un puzzle para organizar as maletas, tomamos direccion Madrid con calma. As 21:30 tentamos buscar para cear, e despois de intentar facelo en Adanero, acabamos cenando en Villacastin, no Meson La Serrana. Bocadillo vexetal, un de lomo rico e hamburguesa completa. Eva, que toma dieta sin gluten, pediu xamon e queixo. Bebemos varias cañas, total paguei 32 euros. Continuamos direccion Madrid, as 12h estabamos no B&B Madrid Aeroporto. Xa durmiramos unha vez nese hotel, axeitado de precio e sufiente para simplemente durmir. Como unica pega, que esta pegado a carretera e non moi insonorizado. Pagamos 68 euros. O desaiuno como opcion so tipo buffet, bastante pobre e precio de 7.5 por persoa. Dia 2. As 9:45 recolleunos Jaime para ir hacia o parking da T1. De ai camiñamos ata a T2, chegamos con tempo para reunirnos co grupo e recibir indicacions. Voabamos con Aegean. Deronnos unha mochila marca Columbia eo xantar. Saimos puntuais. O vo duraba 3 horas e durante a viaxe ofreceronnos un sinxelo xantar, moi basico. Atenas recibiunos con calor. O aeroporto non e moi grande e esta a 30 minutos da cidade. No recorrido en bus hacia Atenas chamoume a atencion que fomos por unha autoestrada que no medio tiña vias do tren (moi intelixente decision). A medida que nos achegamos a Atenas, chama a atencion que e unha cidade horizontal, por prevencion ante seismos, os edificions non exceden de 8 platas, salvo que propietario e arquitecto asuman os riscos.. apenas ten zonas verdes e estan descuidadas, en todolos tellados hai placas solares con depositos para auga quente.. as terrazas todas con parasol.. Atenas esta entre colinas e non ten contacto directo co mar.. no autobus fixemos un pequeno percorrido, pasando polo Parlamento, plaza Sintagma (das revoltas) e paramos xunto o Estadio Olimpico Panatinenko, onde se fixeran os Primeiros Xogos da Nova Era. O atardecer chegamos o Hotel Electra Metropolis. Ben ubicaco e transmitindo elegancia. Recibironnos cun coctel de benvida, e subimos a preparandos a habitacion para a cea. Na habitacion agardabanos unha variedade de aperitivos cortesia da organizacion El Gran Azul. As 20:30 tomamos direccion o restaurante onde cear, pasando por unha zoa comercial. Chamabase Restaurante Muse e o comedor estaba ubicado nunha fermosa terraza con excelentes vistas a unha Acropole moi ben iluminada, nunha noite de temperatura excelente presidida por unha lua chea. A cena consistiu nun variado de platos, rematado con lomos de lubina de plato principal. O mais rico os postres. Viño, copas e conversa. Atenas a partir das 12h non ten moito ambente polas ruas. Fomos tomar algo a un locar cercano, moi ben decoredo Jungle.. e estivemos conversando ata as 3 da madrugada. O plan era erguerme as 7 para sair a correr.. o final desistin. Dia 3. Tiña idea de erguerme para camiñar ata un monte cercano pero non fixe caso o despertador e seguin durmindo ata as 8 aprox. Con traballo subimos a desaiunar na terraza maravillosa ubicada no piso 10, desde a cal se disfrutaba de unhas excelentes vistas a Acropole. O ceo estaba claro, a temperatura agradable, silencio, pombas rodeandonos como si nada, unha preciosa piscina transparente o noso caron.. todo fixo que disfrutaramos de un desaiuno no que non faltaba de nada, moi completo. As 10 quedaramos no hall para iniciar a camiñata hacia Acropole. O guia foinos dando pinceladas sobre Grecia. Como pais asentase entre 3 continentes e polo tanto ten influencias varias, como esta situacion fisica, politica, relixiosa e a propia idiosincrasia de Grecia como nacion (moitas illas) fixo que as guerras fosen continuas, de ai a expoliacion de todo o seu patrimonio. Todo isto xunto con uns politicos corruptos, quizas dominados por familias navieras moi poderosas, nun pais con algo de agricultura e sen industria, so vive do turismo e do legado arquitectonico, pero sin apenas inversion publica para coidar ese legado. Da Acropole sorprende a sua ubicacion, no alto dun monte escarpado, que acaba en planicie. Tan maxestuosa como esquilmada. E curioso como a vida te vai poñendo diante de imaxes do pasado. Canto me custou asimilar as diferencias entre Dorico, Jonico e Corintio.. e agora estou aqui, vivindoo en directo. A calor apretaba, non me quero imaxinar esta visita en pleno veran. Calexeamos por varios barrios de Atenas, cheos de vilas antiquisimas pero nunhas ruas bastante abandonadas. A comina fixemola nun restaurante tipicamente grego Geros Tou Moria, cun menu cheo de ensalada, queixo e presidido pola Mustaka. O postre a base de froita. Comida regulin. Despois de comer aproveitamos para facer algunhas compras. A David a equipaxe de Olimpiakos do xogador El Arabi. A Sergio a camiseta da seleccion grega de Antenikoupo. Para Paula un bolso e Isabel mercou unha diadema grega para usar na festa que tiñamos pola noite. Facia moita calor e regresamos o hotel. Despois de unha reparadora ducha decidin sair a camiñar ata unha colina que habia perto, o Monte Licabeto. Marcaba 1.7km de distancia e ascendiase por un desnivel pronunciado. O ascenso fixeno a brava polo monte, antes pasei por unha zona da cidade chea de sombras onde me chamou a atencion ver bastante policia, sen saber que facian. Tal vez descansando discretamente. En Atenas ves a presencia da policia pero semella facer pouco, pois o trafico e caotico, a xente vai sen casco etc.. Cheguei o alto, antes do que pensaba. Atenas rodea este monte, semella ser a tipica cidade árabe, sen grandes edificios, enorme e cunha construccion anarquica de ruas estreitas.. polo feito de estar rodeada por montañas semella ter sobre ele unha boina de contaminacion. O descenso fixeno por unhas escalinatas. Decidin seguir a miña caminata e rodear a Acropole, antes pasei por diante do Museo Militar e ver como o soldados de guardia mantiñanse en posicion imperturbable a pesar do calor.. nun momento dado achegouse un compañeiro, pensei que para darlle animos e auga, pero non o que fixo foi correxirlle a sua posicion, que quizas polo cansancio se alterara.. crucei un dos poucos parques con arboles e rodeei a Acropole por unha rua ateigada de xente paseando e locais preparandose para a cea. En total 7k800m, para chegar a tempo de ducharme e prepararme para a cea. Todos vestiamos de blanco para atraer a maxia de Atenas. En autobus buscamos a costa no Pireo, para achegarnos a un bonito local, O Ble Pavillon, pegado o mar, onde aproveitamos para facer fotos no bonito atardecer. Disfrutamos dunha cea excelente, namentres o ceo escomenzaba a encapotarse e ver os primeiros lostregos no horizonte. Cada noite tocabache cear nunha mesa diferente, cada mesa recibia o nome de unha illa grega. O xantar era libre, pero nas cenas cada un tiña unha mesa asignada, hoxe tocou Delfos e deste xeito ian variando os compañeiros de mesa e todos nos coñeciamos. Esta noite compartimos mesa con Bruno Matucci e Manuel Burdiel, tamen con Vicente de Valencia, todos acompañados polas suas parellas. Pronto a tormenta chegou onde a nos con ventos e choiva. A cobixo disfrutamos de copas e musica, antes de voltar o hotel o redor das 12h. Dia 4. Tocou madrugar. As 6:30 estabamos a pe, para entregar as maletas as 7h. Subimos a disfrutar por ultima vez do desaiuno na terraza e reunirnos as 8h para coller amiño do aeroporto. O tempo enfriara e facia moito vento. Casi nos toca pagar por exceso de peso na equipaxe, a maleta grande pesaba 28 kilos cando so podian ser 23 kilos. Coa mediacion da guía en perfecto ingles, conseguimos librar. Con Aegean voamos hacia Mikonos. O vento era moi forte, e incluso sacudia o avion unha vez aterrizamos. Mikonos chama a atencion pola sua aridez, todo semella pedra, nos se ve un arbol. Chama a atencion o rigor da sua construccion. Todalas casas son brancas, como si foran pequena composicions de azucarillos, solo salpicadas polos tons suaves das ventanas, mallormente azuis... as carreteras son sinuosas e moi estreitas. A chegada ata o mar fixemola por un descenso moi pronunciado. O Hotel Royal Mikonian era fantastico, nun enclave privilexiado o caron da praia e acondicionado para disfrutar a tope. Cheo de terrazas, piscinas, jacuzzis e tumbonas de todo tipo e o mais especial a suite onde nos aloxamos, decorada en tons blancos onde non faltou ningun detalle de benvida. O primeiro dia comemos regular, de plato principal chuletillas de cordero. Despois de comer subimos a habitacion a tomar algo o sol e descansar. Reunimonos as 18: para tomar direccion a Mikonos. Os conductores dos autobuses manexanse con moita pericia para acceder a ubicacion do hotel, pois o acceso a o hotel ten unhas pendentes que dan medo, e maniobrar e moi complicado. Facia sol pero moito vento frio. En Mikonos o vento inda sacudia con mais forza, por algo e a illa do vento pero hoxe todavia mais, por momentos semellaba que che ia arrincar o movil da man cando estabas tomando unha foto. Mikonos e unha poboacion preciosa e que te encandila dende o primeiro momento. Antiguo refuxion de piratas, e un pobo no que se nota que os seus habitantes viven por e para o turismo, cuidando todolos detalles para coidar a imaxe. Casas todas en branco, con balcons e ventanas perfectamente pintadas en tons agradables, tendas preciosas e elegantes coidando todolos detalles, asi como os locales de ocio con decorados de todo tipo. Recibiunos unha guia moi simpatica e de volta de todo. Foinos dando sutiles pinceladas da historia de Mikonos e as suas particularidades. Para refuxiarnos do vento adentramonos nas suas ruas estreitas e laberinticas, salpicadas por flores, dicir que moitas destas flores eran artificiais pero daben unha agradable imaxe ainda que distorsionando a realidade. Asi chegamos a pequena Venecia, que non deixan de ser unha sucesion de casas construidas encima do mar.. hoxe o Meditarraneo golpeaba con forza contra os muros das casas.. pouco mais adiante atopamos cun dos simbolos da illa, os seus muiños de vento, que no seu dia se empregaban para moer, facer fariña e pan. Aproveitamos algo de tempo libre para perdernos polo pobo e facer fotos. En Mikonos hai multiples capelas, e mais, e habitual que cadaquen teña no seu fogar ou finca unha pequena capela que se utiliza tamen para soterrar os seus antepasados... A cea foi no Restaurante Sea Gatin by Gruparis. O local estaba na pequena Venecia, xusto encima do mar, co vento que facia acompañounos toda a noite o vater das olas contra a costa, nos estabamos refuxiados baixo unha carpa e quentabamonos o caron dunhas estufas, xa que facia algo de fresco.. A cena nos estivo mal, ben servida e cun sabroso viño blanco.. a sorpresa chegou coa actuacion dun grupo popular grego.. cantaro varias cancions e despois hipnotizaronos con uns ritmos e baile repetido hasta a extenuacion... One, two, three, left..one, right.. asi todos nos misturamos nun baile coral interminable que fixo que disfrutaramos moito, xerando unha gran comunion no equipo. Pasadas as 12 da noite tomamos rumbo o hotel no medio dunha forte ventisca. o chegar tentamos disfrutar do Jacuzzi pero a auga non estaba moi quente e facia frio. A durmir. Dia 5. Erguemonos sen presa. Da gusto abrir as cortinas e sair a unha amplia terraza onde te agarda o mar, nun ambente de profunda tranquilidade. Baixamos a desaiunar, todo sabroso e tan abundante en opcions, que non sabes por onde escomenzar... As 10:30 recolleronnso para facer un percorrido en Jeep pola illa. Iniciamos ruta ata a Bahia de Kalafatis.. despois achegamonos o lago de Marathi e de ai ruta polo interior.. monotono.. pedra e mais pedra, no veran creo que a vida na illa se non disfrutas do mar, ten que ser insoportable... bo clima, diversion, rigor arquitectonico e pouco mais. agalla en Galicia tivesemos este rigor... chegamos ata o Faro de Armenistis.. ali o vento xa era moi moi forte, tomamos fotos e recreamonos na paisaxe.. nas laderas desta costa habia algunhas casas incluso con heliporto, realmente non lle atopaba sentido a tal luxo pois o lugar non tiña nada especial.. seguimos pola costa parando nunha bahia onde se rodou "Shirley Valentine".. continuamos ata a prai do hotel para xantar no Elia Beach Restaurante. Mellor do agardado, bo servicio e comida solvente. Pola tarde disfrutamos do Jacuzzi e a paz da habitacion, o vento seguia arremetendo con violencia. Despois de pasar toda a tarde disfrutando da habitacion, preparamonos para ir cenar. Fixemos algunha foto aproveitando a luz do atardecer. Chegamos a Mikonos o redor das 21 horas. O porto de Mikonos esta salpicado de Yates, alguns de un luxo ata obsceno, como o Optasia. No camiño ata o restaurtante fomos falando con David, representante da empresa que xestionaba a viaxe. E un fervente namorado de Galicia, moito, gran embaixador, pois maravilloume saber que ainda tendo visitado mais de 120 paises, Galicia o tivese tan prendido. Ceamos no Restaurante Mamalouka, a tope de xente, pero cun servicio deficiente e unha comida mellorable. O mellor foi o Disckjokei que animou ben a noite, e gracias que David que con unha conga habil, conseguiu que abandonaramos antes de que a noite se desmadrara. Dia 6. Hoxe tocaba excursion en barco. Estivemos pendentes ata ultima hora por si remitia o vento. No foi asi, amaneceu con mais vento todavia. Tivemos algun a precaucion de abrigarnos para a travesia. Asi achegamonos a praia para nunha pequenas lanchas a motor achegarnos ata un bonito barco de vela. O mar estaba picada, e ofreceronnos a todos Hidramina (para os mareos) pois a travesia ia ser movida. Navegamos perto da costa tratando de protexernos do vento. Xa en mar aberto direccion Delfos o barco moveuse de abondo. Xa en Delfos o vento arremetia con moita forza, ali agardabanos unha guia e un traductor simultaneo. A entrada a illa costa 8 euros. Delfos e unha cidade moi antiga, das mais antigas, chegou a ter 2500 habitantes, foi centro de negocios, de arte, cuna espiritual chegando a ter unha longa epoca de esplendor para caer na total decadencia. Hoxe so quedan ruinas, e ruinas con todo o que a palabra significa, pois non queda nada de pe. A miña ignorante opinion e que Grecia o pesar da filosofia, da democracia, o estilo clasico... e un territorio barbaro arrasado por unhas loitas internas onde se impuxo a barbarie por encima de todo o demais. Resulta chamativo que con todo iso poidera forxarse a cuna da nosa civilizacion. Grecia por outra parte, quizas pola disgregacion, loitas internas etc... foi incapaz de impoñer un sentemento patriotico por preservar o seu, o seu legado historico, e penso que xunto coa Democracia, tamen acunou un caciquismo, no que a clase poderosa enmascaraba en altruismo todo tipo de expolio. So asi podese explicar o abandono do pasado e ainda hoxe o pouco esforzo por revitalizado. Delfos ten pouco que describir visualmente, salvo algún atentado arquitectonico inexplicablel (cemento... ) Voltamos hacia Mikonos para comer no Restaurante Roca, con excelentes vistas o porto e a cidade de Mikonos. Comemos ben. Na illa chama a atencion a presencia de gatos calexeiros, que campan as suas anchas por toda a illa, incluso dentro dos locais e polos que semella se sinte un profundo respeto. Fixemos algunha fotos e regresamos para disfrutar do hotel. A media tarde baixei o Gym un pouco para correr na cinta 7km en 38´10¨. Subin para xumerxirme no jacuzzi e prepararme para a cea de despedida. O hotel era maravilloso, de nivel moi alto. Dividiase en duas estancias, a nos tocounos a parte dos monos, decorado con multiples replicas de animais, cheo de muebles de tallados en troncos, raices, .. innumerables piscinas, tendas etc.. na habitacion non faltaba de nada, blanca inmaculada, chea de espellos, amplia terraza con jacuzzi, vistas o mar e total discrecion.. lugar idilico... A cena tivemola na outra parte do hotel, adicada as mariposas.. benvida con un cocktail, cena nun local moi ben ambientado. Discurso, photocall divertido.. e actuacion dun grupo inspirado en Mamma Mia. Despois copas, musica e baile ata perto das 3 da madrugada. O viaxe estivo organizado por Pangea. Sempre David e Susana moi atentos. Todo perfecto e boas palabras. "O gran Lago Azul" Dia 7. Erguemonos con tempo para disfrutar das vistas durante o desaiuno. Por fin o vento amainara e o calor apretaba desde a primeira hora da maña. As 10:30 tomamos direccion o aeroporto. Por certo para acceder a este hotel os autobuses subian unha pendente tremenda, desas que calquiera diria que non e posible acceder cun autobus. As mecanicas tiñan que sufrir moito. .. non sei si por isto camiño do aeroporto o noso autobus averiouse, e tivonos que recoller outro. Chegamos con tempo de facturar. Fixemos un bo reparto de peso entre as maletas. Importante para outra viaxes repartir a roupa entre 2 maletas, si se extravia 1 queda roupa na outra para os dous. O avion saiu as 13h, 12h hora española.. a esa hora David xogaba a semifinal do Campeonato Galego contra o Depor, co cal rumiamos a incertidume no vo. Teño moita confianza nas suas posibilidades pero tamen inquedanza de como xestiona o erro durante os partidos, a veces semella que a virtu de soñar o futbol, vivir os partidos antes, cando as cousas se torcen costalle asimilalo e reconducir a situacion, caendo na frustracion e sin poder poñer en valor todas as suas cualidades, apagandose, este e un tema a traballar e seguir mellorando. Chegamos puntuais a Madrid. Nada mais encender o movil enteramonos da victoria 4-1. Xa de regreso a casa puden vir vendo no movil a final contra o Caldas, moi facil, victoria olgada.. chegamos a tempo para recoller os nenos na casa de miña nai...

No hay comentarios:

Publicar un comentario