domingo, 3 de mayo de 2009

Como recordo... o concerto de U2 no Vicente Calderón.

Viaxamos a Madrid na C15 de meu pai. Por si acaso metemos un colchón para dormir no coche.
Chegamos a Madrid sen problemas nun día de bastante calor.
Entramos no estadio con tempo para disfrutar do espectáculo o completo.
Recordo que de teloneros estaba un grupo que descoñecía pero me fascinou "Placebo".
O concerto empezou perfectamente sincronizado co final da luz diurna. O inicio foi espectacular. Os cementos do estadio vibraban e esta comunión entre milleiros de persoas poñíache a "pel de galiña".
Bono aparecerá vestido de puxil, camiñando entre a xente para emprender unha viaxe de máis de duas horas por un escenario de luz, imaxes e sons... para mín descoñecido ata ese día.
Houbo momentos de alcanzar ese "climax" total do que non queres regresar e no que tes a sensación de estar batendo coa cabeza contra o teito da Felicidade.
Un momento bonito na vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario