domingo, 3 de mayo de 2009

Como recordo... ir o peirao.

Os "peiraos" son as pequenas presas que se facían nos regatos para poder regar as leiras. Algúns destes ben limpos permitían ser utilizados o modo de "piscinas enxebres".
Recordo que a maioría dos días do verán acudíamos o peirao na hora de calor forte, antes de voltar a casa para axudar. Os máis frecuentados eran os de Perral, as Urces, Cerqueirás ou Solombo. Todo dependía do horario de regadío pois, estes íanse abrindo ou pechando de forma alterna.
A auga do rio estaba terriblemente fría e sabía máis a terra que a outra cousa.
Alí foi onde moitos lle perdemos o medo a auga e demos as primeiras brazadas. Xogabamos a mergullarnos de forma acrobática, sen pensar en bater coa cabeza cunha raiz, pedra ou cun compañeiro que estivera probando a bucear.
O mellor de todos estes peiraos era o de Solombo (Sanguiñeda) que podería ser considerado unha praia fluvial, pois era amplio e con distintas profundidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario