martes, 5 de mayo de 2009

Como recordo... os conflictos co Catastro.

Recordo como habitual ter noticias de diversos conflictos entre veciños polas lindes.
Sempre se dixo que en Galicia os marcos camiñan de noite, isto forma parte da nosa Identidade como elemento desintegrador.
Recordo que co tempo fun entendendo a orixe de tanto desencontro que non viñan a ser máis que a suma de duas circunstancias: desconfianza e realidade fráxil.
A desconfianza vai ligada a falta de formación e a realidade fráxil proben dunha inconcreción histórica por parte da Administración incapaz de regular unha situación conflictiva quizá por intereses oscuros.
Cando empecei a interesarme polos temas do Catastro dinme conta de que a realidade das cousas sae da suma de diversas realidades que dan forma a unha máis verdadeira.
Os do Catastro viñan e convocaban os veciños para identificar as fincas (dos que acudían). Despois traballaban sobre uns planos con polígonos e fincas, todo numerado, difícil de entender para calqueira persoa e máis para os nosos vellos pouco afeitos a estos temas e de visión limitada.
Recordo acudir despois a identificar as fincas sobre plano e cotexar as medidas. Xurdían entón anomalías como fincas asiñadas a outros viciños, metros que non coinciden coas escrituras ou fincas desubicadas no espacio...
O feito e que o terreno existe, que está escriturado polos veciños ante Notario, que e normal que as medidas non coincidiran co catastro, e si a esto lle engadimos que a transmisión entre herdeiros as veces facía que perderas o rastro do lindante, que se perderan os marcos... todo isto xera unha enorme complexidade coa que so gañaban os abogados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario