jueves, 26 de agosto de 2021

Como recordo.. ler "Lluvia Fina" de Luis Landero.

Recordo que no cumpleaños de Isabel, no 2020, regalaralle este libro. Comprarao durante o confinamento nunha libreria da Travesia de Vigo. Chamarame a atención a tematica e as boas criticas, e considerei que era un libro axeitado para as lecturas que lle gusta a Isabel. Recordo buscando un libro para ler no libreria da casa, atopeime con este... "Lluvia Fina", non te sorprende... cando xa levas algunhas lectura acumuladas, daste conta que moitos libros responden a unha estructura preestablecida.. unha trama cun desenlace oculto, latente durante todo o libro.. e asi vas enlazando capitulo tras capitulo, lendo folla tras folla pero sin ningunha idea que te faga repensar o algunha nota que tomar... O libro xira en torno a familia, de como a memoria caprichosa vai arquivando os recordos, e configurando unha realidade paralela que se asenta en cada individuo dun xeito diferente marcando as relacions presentes e futuras entre individuos da mesma familia.. . situacions vividas, non tratadas no seu momento, vanse almacenando de xeito caprichoso xerando graves problemas emocionais.. uns sufreno, outros comparteno, outros calano... a memoria conserva as veces feridas abertas como ameazas constantes a nosa estabilidade emocional.. mais menos esta e a reflexion sobor de "Lluvia Fina" de Luis Landero. Estou seguro que nuns meses apenas me lembrarei de nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario