lunes, 6 de septiembre de 2021

Como recordo...pasar o dia polos montes de Oia

Recordo que estaba a rematar o veran, o temperaturas estaban enfriando, co cal decidimos ir pasar o dia coñecendo os montes de Oia. O dia anterior, a etapa da Volta España, subira o Porto de Mougas, co cal comprobamos de primeira man como de duro pode chegar o ciclismo. Seguindo a ruta dos ciclistas chegamos a Poza do Arco, lugar cheo de pozas entre as montañas, que foi preparado cunhas pasarelas de madeira para disfrute dos visitantes.. de aí tomamos direccion as Pozas de Mougas. Decidimos deixar o coche na carretera asfaltada e camiñar por unha pista 2.45km, segun dician os carteis.. fixemos o descenso con tranquilidade disfrutando da camiñata e do silencio do entorno.. chegamos a poza grande e descansamos un pouco.. ali decidin facer o camiño de volta con David correndo.. a volta non era facil, pois despois de un inicio suave o camiño tiraba hacia arriba.. saimos a 19:25.. trotando de forma leve. David seguiame o paso sin problema e logo empecei a notar que non reusaba a dificultade, pois trazaba as curva acortando e por onde o camiño empinabase, asi seguimos sen problemas.. cando empezou a atisbar o final, apretou o paso, nese afan competitivo, conseguindo chegar arribar por diante miña, as 19:39.. chegou fresco, apenas sudaba.. o que fala da sua boa condicion fisica e capacidade de mellora. Aparentemente aprox 2.450 metros en 14 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario