lunes, 23 de agosto de 2021
Como recordo .. a visita de un dia a parte da Ribeira Sacra
Recordo que Sergio decidira ir pasar o fin de semana con Paula a un camping na Ribeira Sacra. Nos decidimos ir facerlle unha visita. Tomamos direccion Os Peares, facendo a primeira parada na estacion, e dende ali ver o punto onde confluen o Miño e o Sil. Decidimos tomar direccion o embalse para que David poidera apreciar a altura. Seguimos pola marxe esquerda do rio direccion Chantada, admirandonos das paisaxes e os viñedos que caian sobre o rio. Fixemos algunha parada para comer algunha fruta. Continuamos con calma ata Chantada onde aproveitamos para votar gasolina. Xa era hora de comer, con cal pregunteille a rapaza da gasolinera onde podiamos comer algo de churrasco. Despois de dudar algo, recomendounos un lugar camiño de Monforte, Churrasco Pepe, coñecido polo churrasco e sobre todo as codornices.. ala fomos.. cando chegamos, o redor das 15h, o aparcamento estaba a rebosar e polo que escoitamos non nos iamos sentar a comer ata as 4 da tarde polo menos.. asi que decidimos cambiar o plan, pouco antes, pasaramos por unha sinal que anunciaba un resturante, Restaurante Rio Sardiñeira... chamounos a atencion e desviamonos por unha pista direccion Escairon.. menos mal que estaba ben indicado, senon localizado e complicado, pois atopase nun lugar apartado, pegado o Rio Sardiñeira.. chamar chamase Restaurante O Recreo, sitio curioso, unha casa o lado do rio cunhas piscinas que sirve para criar troitas, unha zoa verde rodeo un unha pequena presa no rio para facilitar o baño... o restaurante semella un dos nosos "furanchos", menu basico onde o primeiro son troitas ou anguias e de segundo churrasco... pedimos churrasco de ternera, rico, con patatas fritas e unha ensalda basica, de leituga da casa.. unha xarra de cervexa con gaseosa, auga grande, xelado mais tarta xelada, un cafe e duas infusion, 33 euros, rico, rapido e a gusto... aproveitamos para deitarnos a descansar o lado do rio, aproveitando o frescor da sua brisa.. fixemos unhas bonitas fotos, e tomamos direccion o embalse do Belesar, moito mais alto e extrañamente vacio de auga.. esta zoa esta rodeada de viñedos, fincas pequenas en lugares escarpados e con cadansua casiña, antes de aperos e agora reformadas.. collermos direccion A Barrela para dende ali chegar a Cea e achegarnos a Oseira para voltarnos asombrar ante a maxestuosidade do Convento e lembrar aquela visita con David sendo un cativiño... con calma, voltamos para a casa...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario