Recordo con moita tristeza todas esas mortes, pero sobrecolleme pensar na soedade desas persoas lexos dos seus enfrentandose a un final sempre inesperado pero mais inexplicable por non ter explicacion. Ser victima de unha Pandemia silenciosa que se achegou a ti por un contacto humano aleatorio e inintencionado... e verte hai postrado nunha cama rodeado de rostros amigables pero voces descoñecidas sen saber dos teus ... a morte en soedade, a peor das mortes... e os familiares distanciados sin ese ultimo bico, esa ultima mirada que di tantas cousas que nunca se atoparon palabras para decir.. e marchar deste mundo rodeado so de uns poucos, as agachadas como si tiveses algo que esconder, sen poder darche o tributo que ven mereceches.. que tristeza, que castigo tan duro para moitos anónimos...
Entre estes deixoume Aute, como un mais, con el marcharon aqueles momentos nos que trataba de atopar nas suas cancions a calma que non atopaba na miña vida, as respostas a tanta incerteza.. aquel disco dun concerto seu que sonou de forma repetida e machacona unha e outra vez, para de repente desaparecer da miña vida sen desaparecer... algo queda se algo volve, e hai moitas cousas que permanecen en nos agochadas como pequenos tesouros a onde voltamos de cando en vez a descansar e reencontrarnos con nos mesmos. Gracias Luis Eduardo Aute por terme regalado acougo en dias de pouco acougo.. guia a todos aqueles que de xeito silecioso nos deixan como victimas de esta purga inhumana...
sábado, 9 de enero de 2021
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario