sábado, 23 de enero de 2021
Como recordo ler..."El bar de las grandes esperanzas" de JR Moehringer.
Recordo ler este libro nunha etapa da miña vida onde volvia a estar cautivado pola lectura. Un libro levabame a outro. Despois de ler "Open" de Andre Agassi, lin "El bar de las grandes esperanzas" de JR Moehringer, o mesmo autor que dera forma as confesions de Andre Agassi. Recordo deste libro, obter como conclusion que todos deberiamos ter na nosa vida un "El bar de las grandes esperanzas".. ese lugar da infancia onde empaparnos da sabiduria da vida, transmitida por seres anoninmos quen non fixeron outra cousa que VIVIR, nese equilibrio do dia a dia que nos zarandea entre a Felicidade e a Tristura, o Exito e o Fracaso, que cadaquen mastica case sempre en soedade con unico refuxio de recunchos como "El bar de las grandes esperanzas", locales vertebradores dunha comunidade, e que fan Pais. Moitas reflexions neste libro. O exito como resultado da suma de moitos fracasos. Unha vida sobre o alambre tratando de atopar o equilibrio. Un barrio de New York coa mesma fauna humana que un barrio de Mos. O home frente a vida. Cadaquen co seu nome, bautizado pola vida con un adxetivo: pai, fillo, Fracasado, Orfo, Emprendedor, Valente, Feo, Triste....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario