sábado, 9 de enero de 2021
Como recordo.. ler "El Combate" de Norman Mailer.
Recordo que o libro regalaranllo a Sergio pola sua afecion o boxeo. Aproveitando as horas de hospital con miña nai, queria retomar o habito da lectura achegandome o boxeo e asi o meu fillo. O libro esta ben escrito, digo isto porque conseguiu engancharme e lino en poucos dias. Relata o antes e o combate entre Mohamed Ali e George Foreman celebrado no Zaire, que supuxo a recuperacion do titulo de campion mundial a cargo de Ali, despois da sancion por non cumprir os Servicio Militar, e a elevacion definitiva como simbolo deportivo do Seculo XX. Narra o libro a preparacion do combate, a loita sicoloxica previa, a personalidade unica de Ali, o boxeo como mecha dunha revolucion mais profunda, a loita de clases, Zaire como epicentro da Africa Negra.. gustoume o libro.. facil de ler...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario