jueves, 18 de mayo de 2017

Como recordo ... ler La Infiel de Reyes Monforte.

Recordo que empecei a lelo atraido polo tema, moi de actualidades e coa esperanza de atopar nel algunha resposta a un tema que esta a condicionar as nosas vidas e amosanos un mundo que nunca vai voltar a ser o que foi. Unha moza, nai solteira, educada no valores dunha Democracia Occidental, sen prexuicios, que abre o seu corazon con paixon a outro ser humano, educado noutras creencias, coa conviccion de que entre duas persoas so poden existir barreras mais ala da razón. Pero vese sorprendida polo peso da Historia, da Relixion, dos choques culturais... para quedar inmersa nunha trampa a merce dun radicalismo relixioso amparado nunha interpretacion do Islam moi rigurosa... un Islamismo cheo de puntos escuros e sumida nunha involucion interesada por unha connivencia de lideres relixiosos incapaces de facer evolucionar a relixion cos tempos e apoiados en reximenes tiranos, moitos deles impostos por gobernos de Occidente que sumen a poblacion nunha total escuridade... asi como Occidente foi conquistando a Relixion puntos de involucion, Oriente Medio foi incapaz... todo isto mezclado con intereses economicos xera unha violencia e inxustiza que e o principal caldo de cultivo para que fanaticos extendan o terror por todo o mundo.. nesta sinrazon que da atrapada Sara coa morte como única redencion... mensaxes para reflexionar sobre un asunto con dificil solucion.

No hay comentarios:

Publicar un comentario