martes, 1 de agosto de 2017
Como recordo aquela escapada a Lancara de camiño Os Ancares
Recordo como ven sendo habitual, sain tarde de traballar. Estamos metidos nunha dinamica viciosa, de esforzo que xera
insatisfaccion. Pasaban das 21:30 cando saimos direccion Lancara, pasando por Ourense, Monforte, Sarria e carretera de
Becerrea.. o navegador do coche guiounos mal, polo monte, gracias o movil a traves de Google Maps que nos sacou do
problema. Chegamos perto das 12 horas. Ali agadabamos Carlos. Todo en el espertaba curiosidade, eses tirabuzons de pelo
blanco, pantalon e chaqueta de traxe, falar pausado... A Casa Grande de Lancara, impoñia, casa grande rodeada de
contruccions a modo de patio.. rustica, conservada na sua esencia, escalerira de madeira ruidosa, teitos altos, ventanais
altos, baños amplios.... comemos algo que trouxeramos e a descansar..
Non me preocupei de espertar cedo. O dia amencera fresco pero soleado. A casa cheiraba rico, a antigo, Baixamos a
desaiunar, dudei se aceptar o desaiuno por medo a experiencias anteriores de pagar de mais... rabanadas de pan de pobo,
con aceite e mermelada, te, cafe recien feito e sabroso, en xerro de zume non natural.. cando fun pagar dixome 5 euros
¿todo? dinlle 10 euros... o salon estaba cheo de fotos, recoñecin a moitos escritores con Carlos: Manolo Rivas, Isaac Diaz
Pardo... outra fotos con Fidel durante a sua visita a Lancara...Carlos deunos algunha pincelada de esta, as 10 horas con
el, a visita a Cuba.. etc.. fixemos unhas fotos o redor da casa, amplia finca chea de frutais, unha capela conservada na
sua esencia.. indicounos onde estaba a casa paterna de Fidel e ali fomos.. casa antiga dividida en poucas instancias onde
convivian persoas e animais.. a casa estaba xusto detras da casa paterna de Carlos, onde el chamaba a Praza da Republica..Tomamos direccion Os Ancares, pasando por Baralla, Becerrea, Navia de Suarna.. o camiño fixose longo, cheo de curvas e unha paisaxe algo decepcionante.. asi chegamos ata as pallozas de Piornedo. Visitamos una dela Museo, cobraronos 1 euro por persoa con delicada explicacion.. estan ben conservadas con moitos obxetos curiosos.. paseamos polo pobos, bastante ben conservado con algunha que outra falcatruada estetica... chamoume a atencion unha placa co Clube de Montañeiros Celtas da sua primerira visita no 1969... tomamos uns bocadillos nun hotel-restaurante, polo ton da camareira xa deduxen que ian ser caros, non entendo algunhas cousas¿?... tomamos camiño de volta, buscando perdernos por carreteras secundarias, agardando atopar algo que non atopamos.. paixases intranscendentes... paramos en Sarria a darnos un baño no rio e tomar uns xelados.. volta para Vigo para acudir o Concerto de Miguel Bose.. emotivo.. 40 anos de traxectoria dan para ter un repertorio importante.. artista liberado da presion mediatica, non cautivo do personaxe, centrado en aproveitar a sua relevancia para conseguir obxectivos alonxados da vanalidade...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario