lunes, 10 de abril de 2017

Como recordo a viaxe a Laponia e Escocolmo

Como recordo a viaxe a Laponia e Escocolmo. Vispera. Saimos tarde por non variar. A idea era marchar as 21h pero arrancamos pasadas as 20:30. Fomos con calma ata chegar o punto de durmida, en Medina del Campo, Hotel Reina Isabel, 60 euros noite. Chegamos alí as 2:30h e quedamos no hall para marchar as 6h. Os sintomas dunha ferida mal curada acompañabame, estaba con antibioticos e antiinflamatorios, tiña algo de dor. Durmin pouco e mal. As 6 horas arrancamos para chegar puntuais o punto de encontro no aeroporto de Madrid, T4, as 8h. Ali, nos recibiron cun cartel para indicarnos onde reunirnos cos nosos compañeiros de viaxe. Saudos multiples. Bo ambiente, xente de unha franxa de idade, bastante similar. Facturamos unha maleta de 10k e outra de 30k, algo pasados en peso. Regalaronnos unhas mochilas. Puntuais embarcamos nun bo de Finnair destino Hensilki as 10:30, con hora de chegada a Finlandia as 15:30h. O despegue foi televisado polos monitores, curioso. O bo ia cheo, de moitos orientais, que voaban en enlace con Tokio e Seul. No avión derennos de menu, variado de embutidos, saladisimos, e uns bocadillos estilo finlandes que estaban bos, con un zumo de arandanos. A aterraxe foi perfecta. O aeroporto de Hensilki daba a sensacion de ser pequeno e concurrido. O dia estaba despexado, con neve sobre as pistas e -4. As 14h embarcamos destino Kittila. Hensilki dende o aire era neve, bosque e casas non moi altas. Pronto pasamos por encima do mar, parcialmente xeado.O bo foi tranquilo asi como a aterraxe. Kittila ten un aeroporto pequeno de ahi que baixasemos directamente do avión a pista, co cal o contraste de temperaturas foi burtal, de repente -15.Recollemos as maleta e tomamos direccion Levi, pequeno pobo os pes de una estacion de esqui. Chegamos de noite e a imaxe era moi bonita, pois a pista de esqui estaba iluminada caendo hacia o pobo. O Hotel era un complexo de edificios. A habitacion que nos tocou era amplia e confortable decorada con elementos tipicos. De sorpresa unhas cazadoras. Descansamos un momento e reunimonos para ir cenar a un restaurante proximo. Facia frio. Ceamos ben, unha crema e unha troita asalmonada. Eu tomei cervexa, rica e os demais beberon viño, creo que o primeiro dia foi italiano (os seguintes chileno, australiano...).De volta a o hotel. Sorpresa desagradabel. A perna hincharame. Pasei unha noite coma un can. Esperteia as 4 con dor, incomodo e preocupado, a viaxe iase complicar. Empecei a buscar en internet posibles orixes da hinchazon... nada e claro... o efecto do antiinflamatorio permitiume erguerme o dia seguinte con posibilidades. Dia 2.Espertamos a tempo para desaiunar. Habia de todo, moi completo. As 9h estabamos preparados, embutidos no buzo e as botas que nos deran. O dia ia ser duro. Camiñamos ata o punto de encontro onde recolleriamos as motos de neve. Deronnos todo tipo de recomendacions e instruccions. Cando a xente ten claro o que ten que facer e o fai, todo funciona ben organizado, e sobre todo cando as ordes son precisas. Iniciamos viaxe en moto, combinando momentos de pouca velocidade con outros de alta velocidade. As veces soñas con cousas que che gustaria facer. Nunca imaxinei que ia percorrer mais de 100km a traves dun paixase inhospito, sorpresa da vida. Por momento viñanche a cabeza imaxes de peliculas. Eses buscadores de ouro, persecucions modernas... hai cousa que so as valoras e lle das a dimension que teñen cando as vives. A neve pisada e transitable, senon esta pisada afundeste. As motos son dificiles de manexar por pistas, canto mais entre arbores... Despois de 45km chegamos o Hotel de Xeo, impresionante construccion feita sobre e con xeo. Coas suas habitacions, o seu restaurante, pub, igrexa, cine, chea de esculturas... unha obra de arte que se fai de desfai todolos anos.De comida sopa de pescado e reno. O reno estaba bo pero sabe como a caza, algo intenso para min. Os postres todos saben a canela e case sempre coa presencia de arandanos. Durante a comida empezou a nevar, co cal o buscar a Aurora Boreal non ia ser posible. Medio engañados escomenzamos a novar ruta hacia a granxa de renos. Todos pensamos que era mais corta, pero foron outros 45kms sen apenas paradas e a con velocidade. O dedo do acelerador agarrotabase por momentos. Con algo de esforzo chegamos o destino. Granxa tipica, na que disfrutamos dun paseo en trineo tirado por renos. O conxuro de un Chaman. A agradabel sensacion de guiar un trineo tirado por Huskies polo medio do bosque. De noite, guiados por unha luz na cabeza, en silencio, un silencio so interrumpido polo deslizar do trineo, algun ladrido e acompañados por unha lixeira neve virxe. Por certo, o chaman explicounos a lenda dos catro ventos (tipico gorro) e a presencia de duendes (Papa Noel) e non meigas. Fixemos o camiño de volta coas motos en total escuridade,nevando, pasando quizas moitos rios e lagos xeados... Finlandia en veran podese percorres de Sur a Norte sin pisar terra, e un pais practicamente sen montañas que vive fundamentalmente da madeira e da tecnoloxia. Esa noite ceamos variado de pescados, moito deles moi ricos e de segundo pedin cordeiro que sabia como ternera. Volta o hotel, perna hinchada e sangrando. Dia 3. A noite anterior tratara de facer algo de cura e simplemente o que fixen foi cambiar as gasas e poñer unha nova e tratar de pensar en positivo. Conseguin durmir ata que se me pasou o efecto do antiinflamatorio. Cando despertei era pesimista pero decidin aguantar pois o dia prometia e pola tarde tiña cita no medico. Dubitativo acudin o desaiuno. Viaxamos en autobus algo mais de 30 min.ata a instalacion do rally Center. Dia de motor. Dividironnos en grupos para conducir en circuito xeado o Funny Car, coche que levaba o volante o reves facendo xiros contrarios o normal, o que facia complicada a conduccion. Despois facias de copiloto de un piloto de rally que de levaba de forma increible por un circuito. A seguinte zoa chegabas en un trineo tirado por motos de neve. Ali disfrutabas da conduccion de Karts, para despois facer o mesmo cuns buggis. Mais tarde o turno para os Quads. A continuacion 3 BMW de rally nos esperaban para conducir con eles polas pistas de xeo. Outro bonito paseo polo nevado bosque para facer unhas probas de equipo. Unha consistia en subir a un coche de rally e poñerte os cintos e sair, asi todos os do grupo. E a outra en montar e sacar 4 rodas. A neve acompañounos toda a maña creando un escenario unico pero pasando algo de frio. De comida unha crema rica e unha lasagna de carne. O rematar de comer regrasamos a Levi. Tiñamos a tarde libre. Aproveitamos para visitar as tendas de souvenirs tipicos: huskies de peluche, renos, gorros, obxectos tallados en madeira ou corno de reno.. o pobo estaba animado pois era semana de vacacions en Finlandia. Moita xente esquiando. Boa estacion de esqui segun algun entendido do grupo. Moita publicidade. Un Q5 de xeo... as 17:30 tiña cita no medico. Acompañounos Amparo, nacida en Valendia e casada cun Fines. 2 fillos. Fotografa de profesion, que alterna con outras actividades como guia. De camiño puxonos o dia sobre Finlandia. Fixome de traductora no medico. O medico non lle gustou nada a pinta da miña ferida. Fixome unha proba de bacterias e din 110 cando o normal e 10. Despois de limpiarme todo ben decidiu que a solucion era poñerme 2 inyeccions de antibiotico, pòis o que estaba tomando non facia efecto.Asi foi, despois de limpiarme e facerme a cura. Tiña que seguir o tratamento en Estocolmo. Total factura 254 euros. Espero que algun seguro mo cubra. Volta o hotel para prepararnos para a cea. Ceamos no restaurante da estacion de esqui. Cea rica: sopa de pescado, ben presentada e rodaballo cun rico acompañamento. Postre queso tipico fines quente. Retiramonos pronto pois o dia seguinte partiamos as 7 da maña. A estancia no hotel foi agradable. Sería bonito poder volver algún dia a este sitio en veran. Dia 4. Madrugamos para tomar rumbo a Estocolmo. As iamos direccion aeroporto con nevada reciente. Era o primeiro bo da maña e as pistas estaban cubertas de neve. Tiveron que limpialas. Gran despliegue para manter un aeroporto. Bo tranquilo. Estocolmo e unha constelacion de pequenas illas, mayormente habitadas. En esta epoca do ano o mar estaba xeado. En veran debe ser un lugar espectacular. Aterraxe sen problemas. Dia soleado con menos 1 grao pero con gran sensacion de frio. Autobus, tocounos de guia Joel. De camiño hacia o restaurante foinos poñendo o dia da vida en Suecia. Altos soldos, altos impostos, proteccion... O restaurante era unha casona moi ben decorada na montaña, onde parece ser acudian os monarcas.Comemos ben. Iniciamos rumbo a cidade para deternos nun mirador e contemplar unha parte de Estocolmo. Fusion do rio e do baltico. Catedral. Parlamento. Concello. Parque de atraccions. Diferentes illas todas conectadas. Chegamos o Hotel as 17h. Gran Hotel de Estocolmo, ata 1970 onde se celebraba a cea de entrega dos Nobel, espectacular, todo elegancia.. Alguns aproveitaron para facer compras, outros para visitar o spa, eu para agardar a visita do Doctor Hermann. Xoven, Aires suecos. Dixo que era especialista e este tipo de lesions. . Limpioume a ferida. Dixo que estaba ben. Descartou pincharme e recetoume penicilina (antibiotico) 195 euros. Sen mais preparamonos para ir cear aun restaurante cerca do Hotel. estos dias compartin mesa con Rafa (Montal Nipon), Alejandro (Arbesa), X (Rafael Almenar), X (autons Nigorra), Miguel (Ibermotor Burgos), Aitor (Gaursa), Jose lUis Pesado (Motorllansa), Juan (salamanca), Samuel (Caeiro) Jose Ramon (Lugo) .. boa xente. Dia 5. O dia seguinte madrugamos para disfrutar dun desaiuno presentado con gran clase e calidade. Espectacular. Levaronnos ata o Concello para visitalo, xa que e o lugar onde actualmente se celebra o acto dos Nobel. Bonito e cheo de anecdotas. De ai fomos o Museo Vassa. Ali atopase un barco do 1500 conservado ata o detalle. Tiña a curiosa historia de ser fabricado para apoiar a guerra con Polonia a afundiuse o pouco de iniciar travesia. Anos despois foi recuperado e restaurado pouco a pouco. Visita interante. Visitamos o Parlamento e callexeamos pola cidade vella. Pouco interes. Suecia, pouco cuidada, non especialmente bonita en inverno. Comemos aceptablemente e aproveitamos para facer algunhas comprar e disfrutar do ambente de Estocolmo. Os paises nordicos temolos algo idealizados...¿?. Ruas non especialmente cuidas, basura polo chan de tirala... As 8 tiñamos que estar preparados para a cea de gala. Todo guapisimos. Recebemento para tomar unha copa de champagne. Cando abriron a sala onde iamos cear, foi espectacurlar.. ali antes celebrabase a entrega dos Nobel... cea aceptable.. actuou un grupo imitador de ABBA. Disjockey. Actuacion de samuel de Gamboa, xunto con algun colega andaluz. Copas, bebidas a tope ata as 1h. Ultimas risa e a durmir. Dia 6. Madrugamos para disfrutar do desaiuno e verificar se iamos ben de peso. Tiveramos que comprar un maleta, pois corriamos o risgo de exceder o peso por maleta e en Estocolmo tiñan fama de estrictos. Comprobamos o peso e todo ben. Xa no aeroporto fixemos algunha compra antes de tomar o avion para España.... Viaxe moi recomendable..

No hay comentarios:

Publicar un comentario