domingo, 24 de junio de 2012

Como recordo... a viaxe o Algarve

Miercoles 4. Saimos as 11:30 de Vigo direccion Portugal. Tiramos de seguido ata Aveiro. Alí paramos a comprar algo para comer. A verdade que me chamou a atencion os precios no supermercado. Tomamos un cafe o caron dunha das canles do pobo. Sigo sen entender como a poden asimilar a Venecia. Seguimos de novo pola autopista, facendo paradas cada 2 horas. O precio do gasoe 1.52 euros, algo mais caro que en España. Cando chegamos o Hotel eran as 20:30 hora portuguesa. A primeira impresion foi boa. Hotel de construccion horizontal. Ofreceronnos unha habitacion con vistas, amplia e limpia, con terraza e acceso a un xardin reservado. Unha vez instalados, marchamos cear a Portimao, localidade con moita oferta, pero neste dia todo vacio. Ceamos no Restaurante O Castelo. Ben. Salada de atún, bacalao a brasa con verduras e filete de pavo con champiñons. De postre mazan asada e xelado. Rico. Durmin profundo e dun tiron. Dia 5. Espertamos as 8 hora portuguesa. Xa amanecera e o chan estaba algo húmido. Chovera algo pola noite. Fomos desaiunar, como ben dicia na descripcion da habitacion, era un medio buffet moi completo. Paseamos polos arredores do hotel. Achegamonos o acantilado e lembrei o libro que estaba a ler nese momento, ambientado en Cornualles, "El jardin olvidado". Baixamos a praia no fondo do acantilado. Dabame a impresion que esta era casi inexistente coa marea alta. Habia zoas da plaia, despois comprobeino en outra praias, que quedaban prohibidas por risco de desprendementos. No fondo da praia había unha coba e as paredes do acantilado estaban cheas de buratos onde anidaban as aves.De regreso, chamoume a atencion ata onde levara o mar os restos das conchas. Vianse detalles no que os portugueses coidaban o entorno. Poste de luz en granito, ou poste do tendido con lixeiro ton verde. Collemolo coche para ir a Carboeiro. Sitio turistico. Pequena praia,onde estaba a preparar unha lancha para sair facer unha excursion turistica. No Algarve as praias semellan escasas para tanta vivenda. Continuamos hacia Lagos. Bonito porto deportivo. Paseamos por Lagos, polo seu mercado e atopamonos con Quique, Carme e o seu fillo Guillermo. Estivemos tomando algo con eles. Na hora de comer arrancamos hacia Sagres, atraidos polo seu porto pesqueiro. Probamos a comer na Tasca de Sagres, pero pareceunos caro. Decantamonos por o Restaurante Estrela de Mar II. O neno pediu algo de frango asado, nos "Cataplana" de pescados, simular a unha caldeirada. Pescado, marisco, patata, vegetales, cebola todo feito nunha salsa de tomate natural. O noso lado sentaronse un grupo de mozos que falaban indistintamente en castelan e ingles.Na zoa de Sagres había varia calas para surfistas. Achegamonos a Cabo San Vicente. A súa importancia extratexica explica a presencia de distintas fortalezas. Facia vento, fresco, as nubes ian e viñan, xogando cos claroscuros. O azul do ceo contrastaba co ocre intenso da terra. Regresamos hacia o Hotel para descansar tomando algo no bar. Disfrutei co neno xogando o pingpong na obsoleta sala de xogos. Despois dunha reparadora ducha, subimos a escoitar a actuacion dun tal Carlos. Guitarra e temas melodicos bastante descafeinados.¿?. Día 6. O sono foi reparador. A dor de pernas que me acompaña estos días fai que descanse profundamente, as 8 xa estaba desperto, pero deixeime estar ata as 9. Desaiunamos en abundancia. O acabar lin un pouco, disfrutando da tranquilidade. Xogamos un pouco o pingpong, mentras Isabel ia un pouco o ximnasio. Sain co neno a explorar, realmente o que nos gusta e o que nos fai disfrutar. Deixarte levar pola intuicion e descubrir uns puntos ocultos onde se concentra a esencia de cada lugar. Así chegamos ata unha zos de acantilados. Acantilados de terra arcillosa onde a forza do mar vai escarbando, provocando derrumbes de formas curiosas, e incluso depositos de auga baixo a terra. Escalamos polos acantilados, para ver no mar a barca co día anterior viamos sair dende Carboeiro. A vexetacion e rica en matices. As casas da zona case chegaban os acantilados, so separados por uns muros de vexetacion.Voltamos hacio o hotel para ir a comer. Tomamos camiño de Sines, localidade presidida por un castelo e rodeada de amplias extensions de laranxo, limoeiros e pomelos. Buscamos un sitio o lado do mercado, atraidos polo cheiro a Frango asado e ambiente tradicional que nos transmitia. Churrasqueria Valdemar. Sitio tipico con 37 anos de antiguedade. Tomamos frango asado, con ensalada de patatas. De postre rodaxas de laranxa con canela, almendras e figos, ademais duns trozos de tarta de almendra. Excelente por 21.5 eruos. Como anecdota durante a comida, probamos unha salsa picante quen nos fixo arder a boca, pero arder. O acabar de comer deixamos a Sergio disfrutar dun fabuloso parque para pasear co monopatin. Esta amplio parque tiña un amplio aparcadoiro para caravanas que estaba a rebosar. Decidimos achegarnos ata o Castelo.Fortaleza da epoca Visigoda, logo conquistada polos arabes. Tentamos ir ata Monique, zona de termas,pero estaba empezando a chover con forza... Xa no Hotel, Isabel quedou a descansar . Nos marchamos a explorar a distintas calas o longo da costa.Espectaculares, chegas de cobas con formas caprichosas. Benagil, Marinha, Albandeira... Dende os acantilados soltamos duas botellas, cadansua co seu mensaxe, coa esperanza de que o azar das mareas nos comunicase con outras xentes. A costa está chea de pequenas mansions e Hoteles escondidos pouco agresivos coas naturaleza. Tomamos algo no hotel e xa non saimos. Dia 7. Dormimos mais do debido. Cando chegamos a desaiunar xa estaba pechado. Preparamonos para ir a praia. Tumbamonos na area a recibir os primeiros raios de sol. A auga estaba fria, daba pereza o primeiro chapuzon deo ano. Tentamos facer un castelo, pero a area era pouco consistente. Comemos en Carboeiro. Frango asado, espadarte grelhado e atun grelhado. O pez espada (alongado como unha espada) e diferente do espadarte. A comida estaba boa, o precio 40 eruos. Pagamos algo demais polas bebidas. A tarde pasamola disfrutando da piscina exterior e interior con sauna e Jacuzzi. Entre os inquilinos do hotel, habia un pouco de todo. Portugueses, andaluces, ingleses e entre estes alguns con rasgos indios. A última hora saimos a dar un paseo ata Albufeira. Antes pasamos pola Praia de Cale. Mais longa que as outras, pero co mesmo problema, con marea alta apenas queda area. Esta tiña dous bonitos restaurantes a pe de praia. Albuferira si e un sitio turistico. Moito ambiente, moitos locales. Futbol, cerveza, actuacions en directo... teño a sensacion de que Portugal a pesar de ser rescatada pola CEE, non se privou a hora de facer inversions. Grandes infraestructuras e precios altos (cando transcribo isto España xa foi rescatada). Ceamos na pizzeria La Barca. Ben ambientada en estilo Veneciano. Apenas comemos e pagamos 15 euros. Dia 8. Despois de desaiunar e cargar a Nintendo saimos direccion Lisboa. Non sei se sera cando pasen uns anos, pero a dia de hoxe e frustrante cando tratas de achegar o teu fillo a outras culturas, con sitios de interese onde ti non tiveche a oportunidade de ir , e el pasa o dia si e necesario xogando a Nintendo. Pouco a pouco os elementos socializadores mais negativos van conquistando a sua personalidade. A idea era chegar a Lisboa e visitar o seu Parque de atraccions. inexistente. Curioso. Ten habitantes, clima, turismo... e non ten parque de atraccions. Sera porque soen ser ruinosos. Fomos o Oceaneario, no entorno de Expo. Mais do mesmo pero reconfortante, cumpre o cometido de atizar as conciencias, saes con gañas de facer algo mais polo teu planeta. Sofia de Mello Breyner (buscar). Xa tarde, as 17h comemos algo en Alverca, o lado de Lisboa. Continuamos viaxe hacia España, facendo algunha parada para descansar. Ainda de día chegamos a casa. Bo viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario