martes, 21 de febrero de 2012

Como recordo... a morte de meu avó.

Recordo que se foi son sixilo. Como quen, de forma prevista e intencionada se foi apartando pouco a pouco para deixar paso, sen brusquedades, sen conflictos, sen deixar ningun tipo de amargura. Recordo a súa imaxe asociada a unha frase. ¿avó que fas? Vou facendo. Así vivía facendo pouco a pouco, de xeito incansable, cunha tranquilidade que lle permitía atopar sempre tempo para a conversacion, para escoitar os seus, sempre para escoitar con sabiduría, con humildade.
Como non podía ser de outra forma, o ceu vestiuse cos mellore traxes, e o inverno regalounos un dia soleado propio doutra estacion.
E foise silencioso...

No hay comentarios:

Publicar un comentario