domingo, 8 de septiembre de 2013

Como recordo...as vacacions en Benalmadena

VIAXE BENALMADENA: DE 27/8/2013 a 2/9/2013 DIA 1: Saimos de Vigo as 6:40 por carretera ata Pontevedra, ali collemola autopista ata Santiago.Achegamonos ata as instalacions de Aparcamento Lavacolla,como sempra moi boa e dilixente atencion. Nuns minutos trasladaronnos o aeroporto. Diriximonos hacia a zoa de facturacion de Vueling, requisito indispensable cando vai un bebe retira ali as tarxetas de embarque.Facturamos unha maleta e recibimos a primerira sorpresa agradabel, deixaronnos facturas as outras de forma gratuita.No viaxe de volta enteramonos que isto so se fae cando o bo vai completo. No control como sempre colapso.Nunca chegai tan xusto o avion. Creo que fomos os ultimos en embarcar. Xa dentro, un señor moi amabel cedeunos o seu asento para que poideramos ir xuntos.A viaxe foi tranquila. David foi entretido observando todo e movendose dun lado para outro. Chegamos a Malaga con adianto e pronto notamos a incidencia da calor. No aeroporto esperabanos o Taxi que contrataramos por internet, co seu carteliño. Tardamos unha media hora en chegar o hotel, sobre as 11:30. Hotel Los Patos. A primeira impresion era a do tipico hotel de zoa turistica, aseado, comodo, limpio, funcional... co traxin de xente habitual, os que chegan e os que se van... tivemos que agardar pola habitacion ata as 12:30. Tocounos a 615. Habitacion amplia, cunha funcional terraza, unha cama de matrimonio, unha individual e a cuna. O mellor do Hotel era que contaba con 3 piscinas. Duas de las formaban un conxunto coas prestacions dun Parque Acuatico. Decorado con gusto e sen a sufridas colas dun parque. Os mallores disfrutanno a tope, pero si un poidera meterse na mente dun pequerrecho seguro que o hotel fano inisquencible... pois xa digo, asi como chegamos David e eu baixamos a piscina. Puoco despois fomos comer. Un buffet moi completo con distintas opcions mediterraneas... despois a siesta foi longa... un pouco de piscina.. e paseo polo litoral ata o porto... o Paseo e espectacular.. feito con criterio, amplio, cheo de locales comerciales ben repartidos e multiples restaurantes, coa sua terraza, os seus puntos para asar... todo moi organizado... o porto deportivo de Benalmadena e espectacular... o mar entra por unha canle rodeada de edificios de media altura, bonitos... sobre o mar levantanse toda a oferta gastronómica... Ceamos nun mexicano, Gringo´s, elexiuno Sergio. Acertou. Tomamos uns tacos e unha parrillada. Todo moi sabroso e abundante, non chegou a 50 euros. De regreso tomamos uns helados. A temperatura era agradable para pasear... DIA 2 Esperteia as 8 horas con David... seguimos durmindo ata as 10h.Desaiunamos co tempo xusto. Nestes momentos o hotel e bastante caótico, pois coincidimos moitos cos mesmos habitos e formanse colas e por outra parte o haber tantos nenos con tantos carros e nove plantas os 3 ascensores non chegan a nada. Ese mesmo dia chegou o scooter de Sergio que habíamos enviado por Correos. Precio 10,5 euros e o que ian ser 3 dias, tardou 1 día. Baixamos a praia un momento.As praias non teñen que ver coas nosas, area oscura e gruesa, en moiton puntos desagradable para camiñar.O ter estas características dame a impresión que garda máis calor, co cal camiñar descanso e unha tortura. Apenas hai sitio para as toallas, pois as tumbonas ocupan un gran espacio... o que si e maravilloso e a temperatura da auga... como decia demono un baño e demos un paseo ata o Parque de La Paloma, parque precioso e sorprendente neste lugar... o lado encontramos o skatepark que buscabamos... e curioso como este tipo de "deportes" urbanitas estanse facendo un oco entre os rapaces...son unha sucesion de desniveis e obstaculos para inventar trazados... un novo punto de reunion... o motivo mais importante da viaxe para Sergio... a esa hora, o mediodia o calor era abafante co cal no regreso pasamos pola praia para refrescarnos...despois de repor forzas na comida, Isabel e David dormiron unha boa sesta... levantaronse para ir a dar un paseo e cear... en Tripadvisor recomendaban o Restaurante Erase una Vez, na Plaza de Ole, plaza por certo bonita... o restaurante en xeral decepcionome... con ese nome esperaba algo que me sorprendese... a posta en escea era moi pobre... probamos un pouco de todo... nada novo, se vida propia.. pagamos 40 euros, sen postre...regresamos polo paseo e Sergio perdeuse... tivo que pedirlle a un policia local que me chamase... non foi un día moi aproveitado.DIA 3 Desaiunamos a mesma hora cos mesmos atascos. O dia amanecera algo cuberto pero pronto despexou. Baixamos a piscina ata a hora de comer. Era dificil atopar sitio, pois a xente reserva a sua amaca poñenolle unha prenda a primeira hora e olvidate de atopar sitio. Despois de comer botamos unha boa siesta. A media tarde marchamos a visitar Malaga en autobus, a viaxe corta el kilómetros e longa en tempo, pero hai que dicir que estas localidades costeiras están moi ben comunicadas. Recorremos o casco historico de Malaga. A Catedral. a calle Larios... a cidade estaba moi concurrida... como non tiña nin idea de onde ir cear pedinlle opinion a dependienta de unha farmacia. Recomendounos un restaurante na Plaza de las Flores, El Tapeo de Viñolo.... na praza habia outras opcions todas mais concurridas que esta... pero fixen caso a recomendacion...unha decepcion... pagamos pouco 24 euros... tomamos unhas tapas nin fu nin fa... pero escasísimas... seguimos paseando... Sergio disfrutando do scooter e David correteando as suas anchas... tomamos un xelado nunha heladería clasica da calle Larios... volta a o Hotel rendidos... DIA 5. Levantamonos. Desaiunamos. Saimos a comprar algo a un supermercado. Voltamos para pasar a maña na piscina. Comida. Isabel e David dormiron unha boa siesta. Sergio e eu fomos tomar un cafe. Estivemos un local cheo de pantallas de TV. Era sabado, en cada un estaban botando un partido da liga inglesa. Grupos pequenos de aficionados sufrian e disfraban co seu equipo. E curioso ver como esta xenta vive o futbol. Polo cafe americano con xeo pagei 1.40 euros, algo moi razoable. Voltamos o hotel e pasamos a tarde nos tobogans. A ultima hora da tarde baixamos a praia, o mar estaba precioso, con esa cor especial do atardecer. Sergio pasouno en grande coas olas. Aproveitamos para facer fotos. Subimos a cear algo na habitacion pois queriamos ver o espectaculo do hotel e tomar uns mojitos... cando rematou todo saimos dar un pequeno paseo... pois as noites estaban moi agradables...DIA 6 Esta maña pasamola toda na piscina, bañandonos e facendo fotos. Despois de comida subimos a descansar. Entretivenme vendo o final da volta, remataba en Valcarcel e gañou Dani Moreno. Cando despertou David, baixamos a praia. David deu todo un espectaculo camiñando pola praia e adentrandose nas olas. Chamame a atencion o gran equilibrio que ten para levar so un mes camiñando. Sergio, o seu, xogando coas olas. O redor das 20 horas voltamo o Hotel para dar o derradeiro paseo por Benalmadena. Mentres camiñaba volvin pensar no bo criterio seguido o construir o paseo... un liña de costa ben aproveitada, con oferta pero sin masificacion. Decidimos cear outra vez no porto, e unha vez analizadas as opcions apostamos por un restaurante griego, Restaurante El Greco. Estaba decorado de forma acolledora, cunhas boas vistas e unha mesa libre ideal. O camareiro moi atento, na xusta medida como a un lle gusta, sumou. Estabamos tratando de decidir que cear, casi tiñamos claro tomar un menu degustacion para dous. Dudabamos si sería suficiente, unha parella que estaba o lado convenceunos de que si. Empezamos cunha variedade de pures... de garbanzos, de berenjenas, de huevas de bacalao... moi ricos e para untar nun pan de pita recien feito... seguimos cun plato con calarmares, unha especie de empanadillas de cordero en folla de vid... neste punto eu creia que se acababa todo, estabamos xa completiños, pero non quedaban unha brochetas de polo e cordero... as brochetas de polo estaban feito de que quedaron moi tenras, non secas, moi ricas... as de cordero, unha sorpresa, riquisimas...Pagamos 49 euros, cun trato moi amable, e nunha mesa privilexiada...aproveitamos para facernos unhas fotos... a ultima hora David arrancouse a falar e votou un discurso largisimo movendo acompasadamente as mas... volta o hotel e a durmir. DIA 7. Derradeiro dia. Despois de desaiunar fun a correos a entregar o scooter de Sergio. Esperei unha longa cola. Cando o fun entregar tiven algun que outro problema co precio, pagei algo mais que en Vigo, 15.5 euros. Os recortes afectan a todos. En correos habia 5 mostradores e son 2 con persoal, de aí o atasco. Cando regresei o hotel xa tiveramos que abandoar a habitacion. Disfrutamos as derradeira horas da piscina. Isabel decidiu por fin probar os tobogans e disfrutou da situacion. Fixemos algun regalos e compramos a merenda. O taxi recolleunos as 19:20 h, tiña o vuelo as 21:30h. Chegamos con tempo para facturar, merendar e pasear algo polo aeroporto. A viaxe de volta foi tranquila. David portouse ben, como durante todas as vacacions. Cando chegamos avisei os rapaces de Aparcamientos Lavacolla e ali estaban puntuais. Emprendemos de siguido a volta a casa, para chegar o redor da unha da madrugada. Volta perfecta sen ningun percance...total custe da viaxe, uns 1600 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario