lunes, 20 de febrero de 2012

Como recordo... O Laberinto da Felicidade (Alex Rovira - Francesc Miralles)

Recordo le-lo libro nun momento da miña vida onde necesitaba atopar un sinal que me axudara a darlle sentido a todo o que facía, pois tiña a sensacion de que a "boa sorte" adormecera os meus instintos para percurar a Felicidade. O libro, baseado en ideas sinxelas, trata de ser unha folla de ruta para aqueles camiñantes desganados e tristes que vagan por unha existencia mediocre entre muros aceptados pola resignacion.
-As ideas son: ¿quén eres? son o que decida ser.
-Cada persoa é un banco de amor.
-De cando en vez e convinte facer limpeza de opinions.
-A maioría dos obstáculos que atopamos, os creamos nos porque temos medo a cumprir os nosos soños.
-A felicidade está mais cerca do que nos imaxinamos, ainda que a busquemos lexos.
-A risa é o disolvente universal das preocupacions
-Por pequena que sexa a túa ventana o ceo sigue sendo igual de grande.
-Para nacer, primeiro tes que morrer.
-A felicidade no se busca, atópase.
-A felicidade e o perfume das cousas ben feitas.
- O medo e o medio de descubrir o que necesitas atopar.
-Cada contacto cunha persoa e unha oportunidade para mellorar a sua vida.
-A felicidade e vivir sen medo a elexir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario