martes, 27 de octubre de 2009

Como recordo... traballar no campo: o millo.

Recordo que o cultivo do millo, conseguilo gran para manter as galiñas, era un traballo laborioso dende os inicios.
Preparar o campo, levalo esterco, labrar, sementar, arrendar, sacar as herbas, regar, quitalo pendón, retirar as espigas, esfollar, retirala palla, gardar as espigas no canastro, debullar, facer picón...
Así, ano tras ano. Tiña momentos bonitos, cando na época de labrar, xuntabanse varias casas e merendabase na finca. Día de empanada, viño e festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario