Durante os anos de miña infancia, era habitual que en cada casa houbera vacas, ouvellas, galiñas, coellos... Parte da alimentación de estes animais era herba.
Día si, dia non, íamos a leira axeitada a recoller herba.
Cando vivía na casa de miña avoa íamos no carro, eu non vivín a época do "chimpin".
Dependendo da época do ano, esta apañabase con fouciño ou fouzaña. Había que facer un bo corte para que despois nacera de xeito uniforme.
Normalmente íamos pola tarde, cando o sol quentaba algo en inverno ou pola fresca no verán.
Apañabase e facianse feixes que se ataban con bimbios que nacían nas cabeceiras das leiras. Cargabase o carro o xusto para que os animais tivesen para dous dias, pois miña avoa non era amiga de darlle os animais outra cousa que non fose herba fresca.
Era un traballo aburrido. Sobre todo se atopábamos con algunha "silveira" (veciña) e miña avoa botaba unha longa parrafada.
martes, 27 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario