domingo, 14 de junio de 2009

Como recordo... ir a xogar a chave a do Marquieres.

No barrio da Fontiña había un Bar que lle chamaban o do "Marquieres". O Bar era o típico da epoca. Cun mostrador alto, cunha lousa de marmol, chea de marcas da tinta do viño. Detras acumulabanse unha fila de barriles de distintos tamaños. Practicamente so servían viño e algún refresco.O Bar estaba no baixo dunha casa que estaba nunha finca chea de viñas. Nun lateral da casa estaba o campo da chave.
Como sabedes o xogo consistía en lanzar os "pellos" (pezas planas e redondas de ferro) a unha distancia considerable para tentar darlle a "chave" (estructura de ferro en forma de cruz e con tres aspas xiratorias). Recordo que había xente experta no xogo, que practicamente non fallaba "pello". Nós, nos descansos, tentabamos lanzar algún "pello" sen moita sorte, pois para a nosa idade eran moi pesados. Facíamos tal forza que saían despedidos hacia o ceo, con perigo para nos na súa caida.
No verán, cando se cababan as viñas do arredor, era fácil que perderamos algún "pello" na terra blanda, pois enterrabanse desaparecendo de inmediato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario