domingo, 14 de junio de 2009

Como recordo... a Comunión do meu fillo (O Banquete)

Cando toda a información que recibes sobre algo é positiva, confiaste e non das a suficiente importancia a algúns signos de alerta que te fan dudar.
Así sucedeu co lugar de celebración da Comunión.
Todas as opinións sobre o sitio eran favorables pero a min chamaranme a atención dous feitos. O responsable estaba nun estado de euforia "éxito" que o levaba a aceptar todo. E trasmitíame a sensación de estar traballando ó limite das suas posibilidades.
As sospeitas confirmaronse.
O día non axudou. O feito de chover cambiou toda a planificación. Estes foron algúns dos despropósitos:

- cando chegamos os nenos conducironnos a un comedor equivocado.
- na nosa mesa faltaban sitios.
- aproximadamente 1/3 dos comensales non tiña servido o pan e así estiveron durante un bo tempo.
- so había un camareiro para atender a 70 persoas. Principal problema.
- os pinchos chegaban a contagotas.
- partes da mesa estiveron bo tempo sen recibir ningún aperitivo.
- os langostinos viñan quentes, recien feitos.
- os percebes, algúns foron servidos crudos.
- as ameixas foron sustituidas por percebes sen previo aviso.
- a lubina a espalda non se parecía o que imaxinabamos.
- entre plato e plato pasaba unha eternidade co cal a xente perdeu o apetito.
- os nenos que deberían ser os primeiros en comer, recibiron o seu menú as 16.15
- a sensación de descontrol era total, non había plan B.
- un desbaraxuste total, no que cada corrección que se facía empeoraba todo...

A consecuencia foi unha frustración terrible. Desencanto. Noite sen dormir e unha rebaixa no presuposto dun 30%, por chegar a acordo, pois se me deixo levar polo instinto non houbera pagado nada.
Ainda así, o mellor foi a comprensión dos invitados e as gañas de pasalo ben e disfrutar do momento

No hay comentarios:

Publicar un comentario