Físicamente sempre o recordo gordo, moreno, con pouco pelo e andar pausado. Os ollos e a cara non especialmente amable escondían una personalidade o servico dos demais.
Emocionalmente era unha persoa pouco dada as caricias, un pouco cascarrabias, de voz áspera... pero con música por dentro.
Podo presumir con orgullo de haber tido o Padriño que calqueira neno puido soñar.
Da súa man recorrín as principais Feiras de Mostras de Galicia. Vilagarcia, Ferrol, Silleda... daquela, sen tantos medios, o principal escaparate dos últimos avances.
Gracias a el, tiña posibilidade de consultar calqueira tomo da súa Enciclopedia Salvat e adentrarme nun mundo de amplios coñecementos. Polo seu impetu por viaxar, puden acompañarlo por cidades e rexións máis alá do que alcanzaban a imaxinar os meus ollos...
Recordo como unha persoa amante dos placeres da vida, sedento de saber e dalgún xeito atrapado nun mundo que se lle quedaba pequeno.
Consciente dos límites non deixaba de tramar iniciativas para abrir novos camiños a comunidade, un lider espiritual desprendido no material e sempre integrador...
como habitualmete ocurre, suguro que a súa familia sufriu, coma se sufre, cando queres a unha persoa con tanto talento social, pero tamén estou seguro que a súa ausencia deixou silenciosos rios de bagoas de orgullo...
Orgullo que sinto e que sentín cando para min dicia: ¡¡¡ ese e meu Padriño!!!
Por certo, un día devolvendo un tomo da Enciclopedia a súa biblioteca, encontrei un Libro que se titulaba "El Padrino". Olleino extrañado pensando con admiración que o comprara meu Padriño para facer ben o seu papel. O que lín dentro non me cadraba. Pero foi outra contribución súa a presentarme unha das miñas películas de cabeceira.
miércoles, 13 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario