martes, 12 de mayo de 2009

Como recordo... aquela excursión os Montes de Louredo.

Para min ver que se agochaba detrás dos Montes de Louredo (ou Mos) sempre fora unha quimera.
Un día organizamos unha camiñata ata a cima deses montes. Preparamos a comida para levar e ben cedo emprendemos a marcha.
Sabíamos onde queríamos chegar pero non exactamente por onde ir.
Subimos por Mos, o lado duns depósitos de auga.
Recordo que na subida cruzámonos cunha enorme serpe no camiño.
Camiñamos sen descanso, primeiro a sombra para despois ascender polos cortafogos a pleno sol. A nosa referencia era unha casucha que había no alto. Conquista-la cima prodúxonos unha enorme satisfacción.
Estretivemonos moito tempo buscando as referencias das nosas casas, ollando o Aeroporto, e deixandonos levar ata o mar, ben por Cesantes ou as Illas Cies.
Exploramos toda a zona. Bañamonos nos bebedeiros dos cabalos, seguimos o rastro das suas cagadas, buscamos durante un tempo outro punto máis alto...
Así pasamolo día disfrutando da conquista, por certo con música. Cargaramos cun radiocassette no cal soaban sen parar Europe e Bon Jovi. Tentamos deixar a nosa marca naS pedras, improvisar unha bandeira...
A calor era insoportable. Recordo que foi a primeira e derradeira vez que me queimei co sol a espalda.
Movidos pola sede e a calor, a media tarde iniciamos o camiño de volta.
Recordo que cando cruzamos a vía do tren entretivemonos poñendolle atrancos. Gracias que un veciño da zona nos advertiu do risco, senón non sei que poidera ter pasado.
Buscamos con ansiedade chegar o rio, a todos nos apetecía refrescarnos na auga, pero na zona do Rio Louro non coñeciamos ningún peirao.
Foi un día para recordar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario