O sair da Gardería fun para a Escola Unitaria da Porteliña.
O profesor chamábase D. Guillán, pero ben podía terse chamado Peter Pan.
Era un tipo moi divertido. Espigado, de nariz afilada, cunha porte destartalada e un sorriso perenne. Co tempo saiulle un imitador: Roberto Benigni.
Tiña un Seat 850 granate. Moitos días subíanos a todos no coche e levábanos de excursión ata o Campo das Pozas. Sempre estaba argallando loucuras. Que si esconder tesouros e facernos mapas para atopalos... calqueira disparate para romper a monotonía.
Recordo as clases sempre xogando. Debuxar e facer manualidades como principal tarefa.
Entre os compañeiros estaban:
Adán (calado e fiel escudeiro do profesor para ir buscar o bocadillo), Pepe "O Rubio" (o máis traste, peleón e de lingua afilada), Rocio (unha santa), Manolito (o meu compañeiro de camiño), Bea (guapísima), Gabino (caprichoso, cando se cabreaba poñíase de morros e marchaba para a casa)...
Pasábamolo tan ben na escola como no camiño. Este, facíamolo en grupo, co cal sempre se nos ocurrían falcatruadas para vivir novas experiencias.
Meternos nos charcos, trepar a herva, coñecer novas rutas, entrar en sitios prohibidos...
Recordo que o lado da nosa Escola estaba a Vella Escola. A veces as agachadas entrabamos e revolvíamos entre as montañas de libros que estaban esparcidos polo chan. Libros vellos cun profundo cheiro a humidade que aínda creo olfatear.
miércoles, 13 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario