Na miña época de EXB, celebrabase unha competición entre colexios moi interesante e creo que fructífera para captar talentos.
Que recorde, foi a única iniciativa que vivín que servise para impulsar a práctica do deporte en edade escolar.
Os Xogos do Condado eran un evento deportivo co que no sentíamos moi identificados, pois permitianos competir con outros rapaces e defender con orgullo o noso colexio.
En función das instalacións que tivese o centro organizador competiase nunhas disciplinas ou noutras.
Eu recordo acudir o Quiroga a xogar o balonmán, o Castro Mos a xogar o baloncesto, no Peña de Francia corrin en relevos e no Chans de Bembrive na competición de campo a través.
Normalmente sempre colaboraban algunhas marcas patrocinadoras, aportando algún producto que servese de merenda. Cola Cao, Larsa, Coca-Cola, Nestle, Bimbo...
Eran as nosas Olimpiadas...
miércoles, 27 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario