En 8º de EXB existía a costume de realizar unha excursión. Aínda que Educación esixía que o fin fose cultural a nos movíanos máis un interés lúdico.
Para financiarnos traballabamos todo o ano a destaxo. Os Domingos pola mañá vendíamos croissants pola parroquía, a tempo para o almorzo.
Non faltabamos a cita, chovese, fixese frio ou sol. Tamén vendíamos rifas, e todo tipo de tonterías. O tema era subencionarnos o importe do billete da viaxe.
A excursión duraba 8 días, con tódolos gasto pagos. Despois de varias votacións acordaramos chegar ata a Costa Brava, San Feliu de Grixols.
Da viaxe recordo que a primeira parada fixémola en Tordesillas. Dalí a Madrid, para despois pasar Calatayud (¿preguntar por la Dolores?) facendo parada en Zaragoza, para continuar ata San Feliu pasando por Barcelona. De regreso, case dun tirón, paramos en Burgos. Moitos kilómetros e moitas horas de autobús, que aguantamos bastante ben, pois aproveitabamos para descansar das noites de festa e velas paisaxes todas novidosas.
¿Qué me quedou da viaxe?. Pois, a festa pola noite nos hoteis. Fumar as escondidas. Moitas catedrais. O Parque Güell, o Mosteiro de Pedra...as rapazas de Fuenguirola e duas anécdotas.
A primeira. Unha noite no hotel, mentres todos estaban xa ceando, Alberto, Quique máis eu, quedamos pechados no ascensor. Despois de buscala forma de avisar sen éxito, forzamo-la porta , e cun risco que non valoramos saimos polo oco do ascensor. Un perigo.
A segunda. Foi unha broma que nos gastaron os mestres que nos acompañaban, por certo, D. Jose e D. Eduardo. Xa de regreso, colleron o micro do autobús para dicirnos que lle chegara un aviso do hotel no cal advertían que desapareceran algúns obxectos, e que nos ía deter a Garda Civil para rexistrar as maletas. Ante a nosa incredulidade, dedidiron deter o bus nunha area de servicio e que cada un de nos abrise a maleta para o rexistro.
Recordo a perfección as caras de preocupación que tíñamos e como nos mirabamos uns os outros con desconfianza. O principio collémolo a cachondeo pero o final o que máis e o que menos pasou por un bo apuro.
Isto e o maís salientable.
jueves, 28 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario